6/4/11

6 de abril, día da Actividade Física

Hoxe, día 6 de abril, celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Actividade Física. Dita data foi instaurada no ano 2002 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) planteándose como obxectivo a necesidade de difundir os beneficios da práctica da actividade física polo menos trinta minutos diarios.

A OMS no ano 1946 definiu a saúde como "un estado completo de benestar físico, mental e social, non soamente a ausencia de enfermidades ou afeccións".
O concepto de actividade física abarca o movemento, a interacción, o corpo e práctica humana. Ten tamén tres dimensións: biolóxica, persoal e sociocultural. Desde unha visión biolóxica defínese como calquer movemento corporal realizado polos músculos que leva asociado un gasto de enerxía.


Unha boa definición debería integrar as tres dimensións citadas: "A actividade física é calquer movemento corporal intencional que resulta nun gasto de enerxía e nunha experiencia persoal, e permítenos interactuar cos seres e co ambiente que nos rodea".

Algunhas características de ésta, orientada a Saúde, son: ser moderada, habitual e frecuente, orientada, satisfatoria, social, igualitaria na competición e acorde a idade e as características psicofísicas dos practicantes.

1 comentario:

Pilar dijo...

Onte, o día mundial da Actividade Física e hoxe o da Saúde... que ben misturados os tes na túa entrada, Marta!
E que ninguén pense que isto non vai con un mesmo:
o mellor día para comezarmos a facer actividade física foi onte... pero o segundo mellor día é hoxe. Adiante! Non esperemos máis.
(mo)Vémonos!