O venres 28 fomos a Vigo a recoller o primeiro premio ao Mellor Spot de Publicíta-t, do que xa informamos recentemente neste blog. O programa foi intenso. Pola mañá, xornada de portas abertas na Escuela de Negocios de Caixanova: visitamos as instalacións, faláronnos dos estudos que alí ofertan e fixemos unha dinámica de grupos moi interesante. Tíñannos envasada a comida para poder xantar na praia de Samil, o tempo acompañaba e algunhas aproveitaron para pegarse un baño no mar. Á volta, paseamos polo porto e puidemos disfrutar do casco vello da cidade. Ás sete era a entrega de premios, moi emocionante... e que ricos os pinchos de despois! Podedes ver nas fotos o contentos que viñemos (si, da praia non teño imaxes... que pensabades?)
Felicidades de novo a tod@s, a ver se o próximo ano repetimos a experiencia.
3 comentarios:
con este marabilloso relato dos acontecementos dan ganas de participar nos concursos... polo menos na recollida dos premios ;)
Muchas felicidades Bea! y que no sea el último premio. Un saludo
Bea te vexo un pouco escorada, tantas medaias, xa se sabe... vas ter que facerlle unha visita ao teu afillado.
Un bico e norabóa!!
Publicar un comentario