O matemático ruso Grigori Perelman, que no mes de marzo pasado gañou o premio do Instituto Clay de Matemáticas dotado dun millón de dólares por resolver a conxectura de Poincaré, non acudiu o pasado martes día 8 de xuño a recoller o premio en París. A cerimonia de entrega desenvolveuse no Instituto Oceanográfico de París, pero nada se soubo do científico ruso. Pese á súa ausencia, si se lle tributou unha homenaxe por parte dos matemáticos alí reunidos, que sinalaron que a súa obra marca a fin dunha época e o comenzo de outra.
O matemático séguese negando a tratar coa prensa e a intervir en público. Asegura que se retirou das matemáticas para non converterse nun "mono de feira", e segundo un dos seus mellores amigos está traballando duramente noutro desafío, a demostración matemática da existencia de Deus.
2 comentarios:
O certo é que nun mundo no que hai quen se garda de dicir que cre en Deus por medo a perder as amizades, e no que moitos que se cren científicos aínda pensan que o carácter científico se forma no ateísmo, madia a leva a non saír da casa o pobre ;)
Demostrou o que outros non puideron e parece que so para o seu propio disfrute, non lle interesa o recoñecemento, a fama e tampouco os cartos. É un tolo?, eu penso que so é unha persoa que fai o que de verdade quere, o maior luxo.E agora a contracorrente de todos e da ciencia quere demostrar a existencia de Deus,... o colmo da afirmación da súa individualidade como ser humano
Publicar un comentario