En todo o mundo, e en franca violación dos dereitos da infancia, centos de miles de nenas e nenos fan traballos que os privan da educación, da saúde, do tempo de lecer e das liberdades elementais. Destes nenos, máis da metade sofren as peores formas de traballo infantil, como o traballo feito en lugares perigosos.
A Organización Internacional do Traballo (OIT) estableceu o primero Día mundial contra o traballo infantil no ano 2002 como forma de poñer de relevo a gravísima situación destes nenos. Este día celébrase o 12 de xuño e ten como obxectivo exercer de catalizador do crecente movemento mundial contra o traballo infantil.
Este ano, o Día mundial contra o traballo infantil do 12 de xuño estará dedicado á erradicación do traballo infantil na agricultura. A nivel mundial, a agricultura é onde se atopa o maior índice de traballo infantil –aproximadamente un 70%. Máis de 132 millóns de nenos e nenas de 5 a 14 anos de idade traballan frecuentemente de sol a sol en fincas e plantacións, colleitando e plantando, pulverizando pesticidas e coidando o gando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario