20/6/11

O día "E"

----O 18 de xuño de 2011 o Instituto Cervantes celebrou o Día do Español cunha choiva de palabras mundial.

----Lanzou un concurso para elixir a palabra máis fermosa do idioma español. E a gañadora foi… “Querétaro”.

----A palabra, proposta polo actor mexicano Gael García Bernal, recibiu 5.849 votos na web de entre as 33.000 votacións que se recibiron no Instituto Cervantes. Seguíronlle “Gracias”, proposta polo cantante Raphael; “Sueño”, do profesor español Luis Rojas Marcos; “Libertad”, proposta polo escritor peruano Mario Vargas Llosa; e “Jesús”, do cantautor dominicano Juan Luis Guerra.
“Compartir unha lingua que irmanda a 500 millóns de persoas é un fermoso motivo para festexar xuntos”, manifestou a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel,
ao inaugurar a xornada na sede central de Madrid. Os actos realizados nas sedes de todo o mundo quedaron inaugurados cunha solta de globos que levaban escritas palabras como “bullicio” ou “albricias”.

----Querétaro é o nome dun estado mexicano, e aínda que non figura no dicionario da RAE, levouse a honra de ser a palabra máis fermosa do idioma español.

E a túa… cal é?
----

3 comentarios:

Pilar dijo...

Vou comezar eu cunha das miñas palabras máis queridas, unha das máis fermosas e a que decote me fai medrar: dúbida

Amanda dijo...

Pois a miña é AMOR, amor ás pequenas cousas que ás veces non valoramos pero nas que se sustentan a os momentos de felicidade...

Marta dijo...

A propósito del nombre del blog... Una de mis palabras favoritas es: sonrisa, porque con ella podemos comunicarnos, sin mediar palabras, con los demas enviando un mensaje de afecto, complicidad, ternura, alegria.