30/12/10

O último día do ano tamén se corre!


Despois de pasar todo un ano correndo e competindo, chega o último día do ano. Último día, no que se supón, que a maioría da xente se atopa en compaña da súa familia.  Pero sempre hai algúns tolos que dedican o último día do ano a entrenar ou a competir no mundo do atletismo.
O día 31 de decembro é San Silvestre, por iso a maioría das competicións que se celebran ese día levan o nome de "San Silvestre". Unha das máis famosas do mundo é a San Silvestre Vallecana (celebrada en Madrid, cunha distancia total de 10 km). Pero en Galicia non nos quedamos atrás, e tamén podemos presumir de organizar algunhas San Silvestre, como por exemplo, as celebradas en A Coruña ou en Lugo.
En Lugo celébrase a 16ª Carreira Popular San Silvestre Club Fluvial, que terá lugar o venres día 31 de Decembro, organizada pola sección de atletismo do Club Fluvial. A saída da carreira terá lugar no Paseo Fluvial, preto do Pazo de Feiras e Exposicións ás 16:30.
Para os interesados, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías. Os corredores participantes no circuito das Carreiras Populares Larsa Corre con Nós 2010-2011 xa estarán inscritos para participar nesta proba e deberán levar o dorsal e o chip co que participan no circuito.
QUE MELLOR OPCIÓN QUE ACABAR O ANO CORRENDO?

22/12/10

NADAL 2010

BO NADAL A TOD@S

 
Moitas grazas a tod@s polo traballo e pola decoración.

21/12/10

"MATEMÁTICAS HOXE"


O profesor D. Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de Matemática Aplicada na U.S.C., impartiu hoxe unha conferencia no noso centro á que asistiron os alumnos de 4º de E.S.O. e bacharelato. Nela aprendemos as moitas utilidades dos coñecementos matemáticos e as súas aplicacións en aspectos moi descoñecidos para a maioría da xente, como pode ser a resolución de problemas de medio ambiente, deseño de procesos industriais, predicións meteorolóxicas, formulación de modelos económicos e enterámonos que incluso os implantes dentais teñen que ver coas matemáticas.
Tamén resaltou o pouco visibles que son na nosa sociedade os matemáticos e os científicos en xeral, comparando a súa popularidade con personalidades destacadas do mundo da literatura, arte e deporte.
Foi unha conferencia amena, instructiva e sorprendente no seu contido para a maioría dos que estabamos alí.
Queremos manifestar o noso agradecemento, en particular da Vicedirección do centro e do Departamento de matemáticas, ao profesor Viaño pola súa deferencia ao vir ao noso instituto de xeito totalmente desinteresado.


PROGRAMA DO FESTIVAL DE NADAL 2010... o día 22 de decembro a partir das 9:30 h.

Presentado por Alba Mª Pereira e Christian Toimil.
-DANZA RIBADAVIA interpretada por Xosé Lois Chorén (gaita).
-ZÚMBALE, ZÚMBALE AL PANDERO interpretado por Cuarteto de vento máis percusión (Saxofón: Yolanda Sal, Fagot: María Losada, Trompeta: Laura Seijas, Trompa: Marta Salgado e Percusión: Yeray Pita).
-CAMPANITA DE LUGAR interpretado pol@s alumn@s de 2º da ESO (vocal e instrumental).
-NAVIDAD, NAVIDAD interpretado pol@s alumn@s de 3º da ESO (vocal e instrumental).
-TITANIC interpretada por María Pereira Blanco (piano).
-BENEDICAT VOBIS interpretada pol@s alumn@s de 4º da ESO e de 1º de BAC (vocal e instrumental).
-O BO REI WENCESLAO interpretado pol@s alumn@s de 4º da ESO e de 1º de BAC (vocal e instrumental).
-HIJO DE LA LUNA interpretada pol@s alumn@s de 4º da ESO e de 1º de BAC (vocal e instrumental).
-EU NON SEI interpretada pol@s alumn@s de 3º e 4º da ESO.
-EU NAMORAR interpretada pol@s alumn@s de 3º e 4º da ESO.
-AY LINDA AMIGA interpretada pol@s alumn@s de 3º e 4º da  ESO.
-CANCIÓN DE CUNA (BRAHMS) interpretada pol@s alumn@s de 3º e 4º da ESO.
-GATATUMBA interpretada pol@s alumn@s de 3º e 4º da ESO.
-ADESTE FIDELES interpretado pol@s alumn@s de 3º e 4º da ESO.
-NOCHE DE PAZ interpretado pol@s alumn@s de 3º e 4º da ESO.
-"CLUB-CAN HANDLE ME" baile feito pol@s alumn@s de 2º da ESO.
-JINGLE BELL ROCK interpretada pol@s alumn@s de 4º da ESO.
-JUSTIN BIEBER (BABY) baile feito polas alumnas de 1º da ESO.
-MONÓLOGO a cargo do alumno de 1º de BAC: Christian Toimil.
-SORTEO DE NADAL xentileza dos participantes na excursión de fin de curso de 4º da ESO. Levade un boli ou un lápis.

AGARDÁMOSVOS A TODOS!!

20/12/10

Tende unha man

Convencida de que a promoción da cultura da solidariedade e o espírito de compartir era importante para a loita contra a pobreza, a Asemblea Xeral da ONU proclamou o 20 de decembro como Día Internacional da Solidariedade Humana. O tema de este ano 2010 é: «Tender unha man aos nosos veciños» para pór de relevo o feito de que a pesar dos indicios alentadores de progreso no logro dos obxectivos de desenvolvemento do Milenio, seguen existindo profundas disparidades, entre os países e dentro deles.

Queremos facernos eco dunha campaña que está levando a cabo Médicos Sen Fronteiras. Grazas á colaboración e esforzo de gran  número de empresas, entidades e persoas, lograron obter a un prezo estraordinariamente axustado as "Pastillas contra a dor allea" . Véndense a só 1 euro (exclusivamente en farmacias) e comprando esta caixa de caramelos estás colaborando nunha campaña solidaria de axuda a enfermos esquecidos.
Os ingresos netos procedentes desta campaña destinaranse integramente a financiar proxectos de MSF sobre malaria, tuberculose, enfermidade do soño, kala tsar, SIDA pediátrica e Chagas.

Está é so unha das innumerables formas de colaborar tendendo unha man.
Máis información en MSF

18/12/10

Propostas para o Nadal

O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Etnográfico San Paio de Narla e o do Pazo de Tor queren celebrar as festas do Nadal 2010 cun programa que pretende satisfacer a todos os que desexen achegarse aos museos sexa cal sexa a súa idade: obradoiros moi variados para aprender e gozar, pensados para os máis novos; exposicións, algunhas curiosas, sorprendentes, con temáticas moi diferentes; intervencións na exposicións permanentes que propoñen novos puntos de vista para ver os museos, concertos con instrumentos nada correntes, visitas guiadas, a revista oral “O pazo das musas” , xornadas interesantes e outras suxestións que teñen o obxectivo de complementar a tradicional emotividade destas datas.

Seguro que  atopas algunha actividade de interese, pincha AQUÍ e tamén AQUÍ para poder visualizar os programas.


Por outra banda, o Concello tamén presenta un programa con case medio centenar de actividades de lecer e ocio para o Nadal, desde exposicións ou musicais ata concertos ou representacións de teatro infantil, unha busca do tesouro con interesantes premios e a xa tradicional Feira de artesanía ArteNadal.
Non te quedes sen participar nalgunha das actividades, pincha AQUÍ  para poder visualizar os programas.

17/12/10

Fotos da exposición do centenario de Carvalho Calero e Miguel Hernández



Xa rematada a exposición, aquí tedes para o recordo unhas fotos do que foi. Moitas grazas aos que buscaron información, redactaron, corrixiron, ilustraron, fixeron os boletíns, compraron os cadriños buscando o mellor prezo e os colocaron. Vaia tamén o noso agradecemento para os que a visitaron, disfrutaron, explicaron, prestaron libros e material e, aos que amablemente se prestaron a ser fotografiados para poder poñer este post.

11/12/10

Marta Domínguez, a atleta que tiña namorado a un país


Marta Domínguez foi detida o pasado xoves pola Garda Civil pola súa vinculación a unha rede de dopaxe. É a  atleta da que probablemente menos se esperaba esta noticia. Atópamonos nunha situación na que o deporte é un dos máximos, por non decir o máximo expoñente no noso país, e non se poden permitir conductas deste tipo, xa que non soamente dañan ás persoas de élite que viven do deporte, senón que inflúen en persoas que adícanse ao deporte amateur.
Marta Domínguez (Palencia, 1975), a mellor atleta española de todos os tempos,  é considerada o principal referente do atletismo na última década. A palentina, mellor atleta nacional en 5 ocasións e Premio Nacional do deporte en 2009, ten un dos curriculums deportivos máis laureados do atletismo español.
Os seus primeiros pasos nisto do mundo do atletismo, antes de ter os 10 anos, foron na escola municipal de Venta de Baños, onde actualmente celébrase unha das probas de campo a través máis importantes de España. Apaixoada do fútbol, Marta decantouse polo atletismo, o deporte que a cautivou, chegando a ser a capitana da selección española de atletismo e vicepresidenta da federación (RFEA). Marta foi 39 veces internacional, entre elas puido conseguir ser campeona na proba de 3.000 obstáculos nos anteriores Xogos Olímpicos.
Pero agora a súa carreira  vese empañada, a atleta foi acusada pola distribución de substancias dopantes na denominada operación "galgo", da que finalmente saíu en liberdade con cargos.
Esta é unha das moitísmas noticias deste tipo que se levan dado no transcurso dos últimos anos no mundo do deporte, pero esperemos que ésta, a diferencia das outras, sexa a última. E non se supón que o deporte debe facerse UNICAMENTE POLO PURO PLACER DE FACELO?.

10/12/10

Mario Vargas LLosa recibe el Nobel de Literatura

La ceremonia del Nobel habla españolMario Vargas Llosa recibió esta tarde en Estocolmo el premio Nobel de Literatura. Reproducimos aquí el discurso que pronunció hace dos días en la Academia sueca y que tituló:
 
      Elogio de la lectura y la ficción 
"Aprendí a leer a los cinco años, en la clase del hermano Justiniano, en el Colegio de la Salle, en Cochabamba (Bolivia). Es la cosa más importante que me ha pasado en la vida. Casi setenta años después recuerdo con nitidez cómo esa magia, traducir las palabras de los libros en imágenes, enriqueció mi vida, rompiendo las barreras del tiempo y del espacio y permitiéndome viajar con el capitán Nemo veinte mil leguas de viaje submarino, luchar junto a d'Artagnan, Athos, Portos y Aramís contra las intrigas que amenazan a la Reina en los tiempos del sinuoso Richelieu, o arrastrarme por las entrañas de París, convertido en Jean Valjean, con el cuerpo inerte de Marius a cuestas".
Para seguir leyendo pincha aquí

Faite oír, pon fin á discriminación!



O Día dos Dereitos Humanos 2010, o 10 de decembro, recoñece o labor dos defensores dos dereitos humanos de todo o mundo que procuran pór fin á discriminación.


Máis información

5/12/10

Publicamos o número 5 do boletín

Agora que entramos en decembro e xa están perto as ansiadas vacacións, a biblioteca publica o número 5 do seu boletín de información bibliográfica. Neste número incluímos cinco libros dos últimos recibidos na biblioteca e de temática moi diversa: creatividade emprendedora, matemática, lendas do mundo clásico, química, deporte... Agardamos que disfrutedes da lectura destes libros e doutros moitos que iredes descubrindo se vos achegades á biblioteca.


II Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes

4/12/10

O instituto en Galiciencia

Andrés Armesto Cortiña, alumno de 1º de BAC, acaba de participar en Galiciencia cun traballo no que reproduce en tres dimensións diversos monumentos galegos, e entre eles, o noso instituto. Segundo explica, o proceso iníciase tomando fotografías que logo axusta e adapta a un modelo en tres dimensións co obxectivo de que quede o máis realista posible. Despois os deseños remítense a Google Earth e, se son aceptados, inclúense nesta plataforma. Andrés xa ten colgados máis de 50 deseños, a maioría deles de Lugo, e algún de Ourense. 

2/12/10

Bases do concurso MATEMÁTICAS NA MÚSICA (2ª edición)

A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2010/2011
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
  • I) A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
  • II) Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán  valorarase a calidade da tradución).
  • III) O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2011
4- O xurado estará composto polos profesores: Covadonga García-Losa Rodríguez, Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.
6- Quedan excluidas do concurso as cancións finalistas da edición anterior.

PREMIO: un pen drive de 16 GB.


1/12/10

Día Mundial da Loita contra a SIDA (1 de decembro)

O último informe do Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida, publicado o derradeiro 23 de novembro, mostra que a epidemia de sida está comenzando a estabilizarse, cun descenso significativo das novas infeccións e mortes relacionadas co VIH a nivel mundial. Sen embargo, os especialistas advirten que aínda que o número de novas infeccións por VIH sexa cada vez menor, por cada persoa que inicia o tratamento dúas contraen o virus, debido en gran parte a que as inversións en programas de prevención non son en conxunto adecuados ou distribúense deficientemente.
Sobre as novas infeccións dase a voz de alarma en sete países, a maioría en Europa oriental e Asia central, onde as novas infeccións por VIH aumentaron un vintecinco por cento.
Aínda así, desde ONUSIDA recoñecen que hai campos de prevención nos que se está a investir de forma correcta, como aqueles destinados a evitar que a nai con VIH transmita a enfermidade aos seus fillos. Respecto ao tratamento, o  informe constata que as persoas con VIH  viven máis tempo, e que as mortes relacionadas coa SIDA están descendendo grazas á ampliación do acceso ás terapias. En referencia ás relacións sexuais de risco na adolescencia, o documento resalta que entre os mozos dos quince países máis afectados pola epidemia, a tasa de novas infeccións descendeu un vintecinco por cento, xa que se están adoptando prácticas sexuais máis seguras.
Según o director executivo de ONUSIDA, Michel Sidibé: "Os investimentos na resposta á SIDA están dando os seus froitos, pero as ganancias son fráxiles. O reto é ver como podemos traballar para acelerar os progresos".
Para saber máis: http://www.unesco.org/aids