Mostrando entradas con la etiqueta Museos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Museos. Mostrar todas las entradas

18/12/10

Propostas para o Nadal

O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Etnográfico San Paio de Narla e o do Pazo de Tor queren celebrar as festas do Nadal 2010 cun programa que pretende satisfacer a todos os que desexen achegarse aos museos sexa cal sexa a súa idade: obradoiros moi variados para aprender e gozar, pensados para os máis novos; exposicións, algunhas curiosas, sorprendentes, con temáticas moi diferentes; intervencións na exposicións permanentes que propoñen novos puntos de vista para ver os museos, concertos con instrumentos nada correntes, visitas guiadas, a revista oral “O pazo das musas” , xornadas interesantes e outras suxestións que teñen o obxectivo de complementar a tradicional emotividade destas datas.

Seguro que  atopas algunha actividade de interese, pincha AQUÍ e tamén AQUÍ para poder visualizar os programas.


Por outra banda, o Concello tamén presenta un programa con case medio centenar de actividades de lecer e ocio para o Nadal, desde exposicións ou musicais ata concertos ou representacións de teatro infantil, unha busca do tesouro con interesantes premios e a xa tradicional Feira de artesanía ArteNadal.
Non te quedes sen participar nalgunha das actividades, pincha AQUÍ  para poder visualizar os programas.

15/5/09

Visita o museo, aprende e recibe un agasallo

O Día Internacional do os Museos celébrase o 18 de maio en todo o mundo desde o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova. O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gobernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intanxible.
Para este ano 2009, o lema elixido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos é: Museos e Turismo, para pór de relevo a importancia do turismo ético alentando aos profesionais de museos e os voluntarios a traballar cos visitantes e turistas, creando interaccións coas comunidades locais para coñecer o patrimonio na práctica, fóra e dentro do recinto dos museos.
No Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n) hai programadas actividades moi interesantes os días 16, 17 e 18, e incluso entrega de agasallos para os visitantes. Consulta o programa premendo AQUÍ