31/8/10

31 de agosto: o día dos blogs


Xa é o quinto ano que se celebra esta data como un xeito de estender o coñecemento de distintos blogs de todo o mundo. A elección da data ten que ver coa similitude gráfica da palabra Blog e a data 3108, que se pode apreciar mellor se a escribimos como na imaxe.
Para lograr o obxectivo de estender o coñecemento blogueiro, a organización propón que cada blog faga unha anotación recomendando cinco blogs doutros países ou áreas de interese... e esta é a nosa proposta, por orde alfabética:

espaciodelainnovacion: os autores deste blog están entusiasmados coa creatividade, a innovación e as novas tecnoloxías.
estrolabio: blog cultural con un bon número de colaboradores e dunha temática variada.
placasridiculas: blog humorístico brasileiro que ofrece fotografías de sinais xocosos.
quequedequenoconte: xa sei que os organizadores propoñen blogs doutros países ou doutras áreas de interese, e que este blog é galego e realizado por docentes, mais ás veces teño a impresión de que o mundo rural galego queda tan afastado de nós como Papúa Nova Guinea, daí que recomende este blog que pretende tecer redes de ideas na defensa e testemuña do mundo rural galego.
silentowl: desde un punto de vista amplo, este blog ten que ver co folklore irlandés. Nel podemos atopar historias e lendas relacionadas coa illa.

Agardo que estes blogs vos gusten ou que vos leven a outros lugares do voso interese.

16/8/10

E no cotián... a poesía: Sophia de Mello Breyner Andresen (1919-2004)


Neste tempo de verán, e despois dun longo tempo de inactividade na sección poética do blog, queremos traer a esta brillante autora portuguesa. A obra de Sophia de Mello é moi ampla, e resulta difícil escoller unha mostra adecuada da súa obra. Dada a época do ano na que nos atopamos, deixaremos dous poemas incluídos na antoloxía Mar.

EM TODOS OS JARDINS

Em todos os jardins hei-de florir,
Em todo beberei a lua cheia,
Quando enfim no meu fim eu possuir
Todas as praias onde o mar ondeia.

Um dia serei eu o mar e a areia,
A tudo quanto existe me hei-de unir,
E o meu sangue arrasta em cada veia
Esse abraço que um dia se há-de abrir.

Então receberei no meu desejo
Todo o fogo que habita na floresta
Conhecido por min como num beijo.

Então serei o ritmo das paisagens,
A secreta abundância dessa festa
Que eu via prometida nas imagens.

OS AMIGOS

Voltar ali onde
A verde rebentação da vaga
A espuma o nevoeiro o horizonte a praia
Guardam intacta a impetuosa
Juventude antiga –
Mas como sem os amigos
Sem a partilha o abraço a comunhão
Respirar o cheiro a alga da maresia
E colher a estrela do mar em minha mão