13/5/09

Repasamos o soporte vital básico?


Durante o mes de abril fíxose no instituto un cursiño para o profesorado sobre primeiros auxilios e soporte vital básico, no que tamén se explicaba como se facía unha reanimación cardiopulmonar e o funcionamento do desfibrilador externo. O alumnado tamén aprendeu como actuar ante unha emerxencia extrahospitalaria, e cónstanos que valorou moito a actividade, igual que o profesorado, porque non tivéramos oportunidade de practicar cun moneco e porque sabemos o importante que é saber reaccionar a tempo. Pero ademais a experiencia foi moi levadeira e incluso entretida, así que MOITAS GRAZAS BERTA.

Claro que aqueles que queiran seguir aprendendo sempre poden visitar a wikipedia e estudar a bibliografía alí citada.

1 comentario:

Marta salgado castrelo dijo...

Eu son unha alumna do Xoan montes, e creo que este curso serviunos para moitisimo,nunca hai que deixar de aprender,e máis se é tan interesante.Osea, que no meu nome MOITISIMAS GRACIAS BERTA!