6/5/09

Celebra o 9 de maio, día de Europa

O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.

Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.

O 9 de maio converteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e irmandan aos distintos pobos da Unión.
Coñece e participa nas actividades para celebrar este día en Galicia pinchando AQUí
En Lugo hai programados xogos e diversos actos na Praza Maior.

¿Queres saber máis sobre Europa?
Para participar en concursos e xogos on-line:

http://www.springday2009.net/ww/es/pub/spring2009/homepage.htm

No hay comentarios: