15/5/09

Concurso de ensaio xuvenil


Vimos de celebrar hai uns días o 59 cabodano da creación de Europa segundo a proposta de Robert Schuman. O ano que vén, celebraremos, logo, os 60 anos. Con motivo deste acontecemento o Consello de Europa organiza un concurso de ensaio co tema Como te imaxinas a un cidadán europeo do futuro? As bases do concurso foron publicadas no BOE do día 11 de maio (III. Otras disposiciones. Ministerio de Educación).

Debes presentar o teu traballo xunto coa "ficha de participación" ANTES DO 3 DE XUÑO. Podes utilizar calquera medio dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común. A ficha de participación debe ir asinada polo profesor ou profesora que coordine o traballo e levar o visto e prace do director do centro. O enderezo ao que hai que remitir o ensaio é o seguinte:

Subdirección General de Cooperación Internacional.
Ministerio de Educación.
Paseo del Prado, n.º 28. 2.ª planta. 28014 Madrid.

No hay comentarios: