O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Etnográfico San Paio de Narla e o do Pazo de Tor queren celebrar as festas do Nadal 2010 cun programa que pretende satisfacer a todos os que desexen achegarse aos museos sexa cal sexa a súa idade: obradoiros moi variados para aprender e gozar, pensados para os máis novos; exposicións, algunhas curiosas, sorprendentes, con temáticas moi diferentes; intervencións na exposicións permanentes que propoñen novos puntos de vista para ver os museos, concertos con instrumentos nada correntes, visitas guiadas, a revista oral “O pazo das musas” , xornadas interesantes e outras suxestións que teñen o obxectivo de complementar a tradicional emotividade destas datas.
Seguro que atopas algunha actividade de interese, pincha AQUÍ e tamén AQUÍ para poder visualizar os programas.
Por outra banda, o Concello tamén presenta un programa con case medio centenar de actividades de lecer e ocio para o Nadal, desde exposicións ou musicais ata concertos ou representacións de teatro infantil, unha busca do tesouro con interesantes premios e a xa tradicional Feira de artesanía ArteNadal.
Non te quedes sen participar nalgunha das actividades, pincha AQUÍ para poder visualizar os programas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario