1/12/10

Día Mundial da Loita contra a SIDA (1 de decembro)

O último informe do Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida, publicado o derradeiro 23 de novembro, mostra que a epidemia de sida está comenzando a estabilizarse, cun descenso significativo das novas infeccións e mortes relacionadas co VIH a nivel mundial. Sen embargo, os especialistas advirten que aínda que o número de novas infeccións por VIH sexa cada vez menor, por cada persoa que inicia o tratamento dúas contraen o virus, debido en gran parte a que as inversións en programas de prevención non son en conxunto adecuados ou distribúense deficientemente.
Sobre as novas infeccións dase a voz de alarma en sete países, a maioría en Europa oriental e Asia central, onde as novas infeccións por VIH aumentaron un vintecinco por cento.
Aínda así, desde ONUSIDA recoñecen que hai campos de prevención nos que se está a investir de forma correcta, como aqueles destinados a evitar que a nai con VIH transmita a enfermidade aos seus fillos. Respecto ao tratamento, o  informe constata que as persoas con VIH  viven máis tempo, e que as mortes relacionadas coa SIDA están descendendo grazas á ampliación do acceso ás terapias. En referencia ás relacións sexuais de risco na adolescencia, o documento resalta que entre os mozos dos quince países máis afectados pola epidemia, a tasa de novas infeccións descendeu un vintecinco por cento, xa que se están adoptando prácticas sexuais máis seguras.
Según o director executivo de ONUSIDA, Michel Sidibé: "Os investimentos na resposta á SIDA están dando os seus froitos, pero as ganancias son fráxiles. O reto é ver como podemos traballar para acelerar os progresos".
Para saber máis: http://www.unesco.org/aids

No hay comentarios: