Marta Domínguez foi detida o pasado xoves pola Garda Civil pola súa vinculación a unha rede de dopaxe. É a atleta da que probablemente menos se esperaba esta noticia. Atópamonos nunha situación na que o deporte é un dos máximos, por non decir o máximo expoñente no noso país, e non se poden permitir conductas deste tipo, xa que non soamente dañan ás persoas de élite que viven do deporte, senón que inflúen en persoas que adícanse ao deporte amateur.
Marta Domínguez (Palencia, 1975), a mellor atleta española de todos os tempos, é considerada o principal referente do atletismo na última década. A palentina, mellor atleta nacional en 5 ocasións e Premio Nacional do deporte en 2009, ten un dos curriculums deportivos máis laureados do atletismo español.
Os seus primeiros pasos nisto do mundo do atletismo, antes de ter os 10 anos, foron na escola municipal de Venta de Baños, onde actualmente celébrase unha das probas de campo a través máis importantes de España. Apaixoada do fútbol, Marta decantouse polo atletismo, o deporte que a cautivou, chegando a ser a capitana da selección española de atletismo e vicepresidenta da federación (RFEA). Marta foi 39 veces internacional, entre elas puido conseguir ser campeona na proba de 3.000 obstáculos nos anteriores Xogos Olímpicos.
Pero agora a súa carreira vese empañada, a atleta foi acusada pola distribución de substancias dopantes na denominada operación "galgo", da que finalmente saíu en liberdade con cargos.
Esta é unha das moitísmas noticias deste tipo que se levan dado no transcurso dos últimos anos no mundo do deporte, pero esperemos que ésta, a diferencia das outras, sexa a última. E non se supón que o deporte debe facerse UNICAMENTE POLO PURO PLACER DE FACELO?.
2 comentarios:
Pareceume moi mal por parte dela e tamen foi unha gran decepción, tes moita razón marta, esperemos que sexa a última, pois a isto non se lle pode chamar deporte.
También hay que aclarar, que todo sus méritos deportivos los consiguió limpiamente y como tal sigue siendo deportista.
Publicar un comentario