21/12/10

"MATEMÁTICAS HOXE"


O profesor D. Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de Matemática Aplicada na U.S.C., impartiu hoxe unha conferencia no noso centro á que asistiron os alumnos de 4º de E.S.O. e bacharelato. Nela aprendemos as moitas utilidades dos coñecementos matemáticos e as súas aplicacións en aspectos moi descoñecidos para a maioría da xente, como pode ser a resolución de problemas de medio ambiente, deseño de procesos industriais, predicións meteorolóxicas, formulación de modelos económicos e enterámonos que incluso os implantes dentais teñen que ver coas matemáticas.
Tamén resaltou o pouco visibles que son na nosa sociedade os matemáticos e os científicos en xeral, comparando a súa popularidade con personalidades destacadas do mundo da literatura, arte e deporte.
Foi unha conferencia amena, instructiva e sorprendente no seu contido para a maioría dos que estabamos alí.
Queremos manifestar o noso agradecemento, en particular da Vicedirección do centro e do Departamento de matemáticas, ao profesor Viaño pola súa deferencia ao vir ao noso instituto de xeito totalmente desinteresado.


No hay comentarios: