30/12/10

O último día do ano tamén se corre!


Despois de pasar todo un ano correndo e competindo, chega o último día do ano. Último día, no que se supón, que a maioría da xente se atopa en compaña da súa familia.  Pero sempre hai algúns tolos que dedican o último día do ano a entrenar ou a competir no mundo do atletismo.
O día 31 de decembro é San Silvestre, por iso a maioría das competicións que se celebran ese día levan o nome de "San Silvestre". Unha das máis famosas do mundo é a San Silvestre Vallecana (celebrada en Madrid, cunha distancia total de 10 km). Pero en Galicia non nos quedamos atrás, e tamén podemos presumir de organizar algunhas San Silvestre, como por exemplo, as celebradas en A Coruña ou en Lugo.
En Lugo celébrase a 16ª Carreira Popular San Silvestre Club Fluvial, que terá lugar o venres día 31 de Decembro, organizada pola sección de atletismo do Club Fluvial. A saída da carreira terá lugar no Paseo Fluvial, preto do Pazo de Feiras e Exposicións ás 16:30.
Para os interesados, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías. Os corredores participantes no circuito das Carreiras Populares Larsa Corre con Nós 2010-2011 xa estarán inscritos para participar nesta proba e deberán levar o dorsal e o chip co que participan no circuito.
QUE MELLOR OPCIÓN QUE ACABAR O ANO CORRENDO?

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Feliz e lector ano!

Marta dijo...

FELIZ 2011!! ;)