A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2010/2011
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
- I) A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
- II) Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán valorarase a calidade da tradución).
- III) O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2011
4- O xurado estará composto polos profesores: Covadonga García-Losa Rodríguez, Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.
6- Quedan excluidas do concurso as cancións finalistas da edición anterior.
PREMIO: un pen drive de 16 GB.
Como mostra aquí tedes a gañadora e finalistas da edición anterior.
2 comentarios:
Muchísimas gracias a los de siempre por volver a organizar un nuevo concurso. Una pregunta: ¿una persona puede presentar más de una canción?
Saludos
Claro, Marta, como non!, se xa sabemos que tamén os participantes serán os de sempre.... o que non podemos asegurar é que sexan os gañadores de sempre ;)
Publicar un comentario