Desde hai tres anos, o convenio Lugo Cultural -formado polo Concello, a Deputación, a Xunta e o Vicerreitorado de Cultura- vén deseñando un programa cultural para dar a benvida aos universitarios. O deste ano bota a andar este mesmo martes. As actuacións previstas en Santa María pasarán ao Gustavo Freire no caso de choiva. A Semana de Benvida abriuse hoxe ás 10.00 horas, coa audición de música clásica do "Trío Kandinski" en Maxisterio, que actuou tamén en ADE e na EPS. A compañía de danza La Macana actuou no aulario de Veterinaria ás 11.00 horas e despois no de Ciencias e en Humanidades. Houbo jazz, encontro coa Macana no Museo Provincial e conferencia sobre jazz.
Mágoa non enterarse a tempo, pero aínda queda algunha outra actuación, Camilo Franco e Pablo Seoane farán mañá mércores, ás 20.30 horas no Círculo das Artes, un acto de improvisación musical e literaria. O xoves actúa A Tribu, ás 20.30 na Praza de Santa María, e na xornada do venres destaca a inauguración da exposición As Terras Escondidas, con fotografías da India e Nepal realizadas por dous profesores de Literatura da USC, que superou os 4.000 visitantes en Santiago e que se poderá ver na Facultade de Veterinaria ata o remate do mes de novembro. A cantante Mercedes Peón pechará a Semana de Benvida cun concerto ás 20.30 en Santa María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario