5/10/09

Dous concursos para promover os valores do cooperativismo en Lugo


O Concello de Lugo, a USC, o Consello Galego de Cooperativas e a Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, colaboran nestes certames, cuxo obxectivo é o de “promover entre a mocidade lucense a creación de empresas na forma xurídica de cooperativa e promover os valores de solidariedade e voluntariedade, valores positivos para a sociedade en xeral”.
*O primeiro deles trátase dun concurso de fotografía que debe facer referencia ao cooperativismo e aos valores que o inspiran. Cada persoa poderá presentar unha obra realizada con cámara fotográfica ou teléfono móbil, que deberá ser presentada no Rexistro Xeral Municipal nun sobre pechado asinada con pseudónimo e cun sobre que inclúa os datos persoais do participante.
O gañador terá como premio unha cámara fotográfica profesional SONY DSCW290.
*O segundo dos concursos pretende estimular e apoiar a comercialización de produtos e servizos cooperativos mediante propostas innovadoras de marketing que chamen a atención do potencial cliente e propicien a súa compra. Neste certame poderá participar o alumnado dos centros de ensino secundario, FP e da USC de Lugo de forma individual ou colectiva (cun máximo de 3 persoas por grupo).
O premio que obterá o gañador ou gañadores do concurso será un ordenador portátil Netboook.
O prazo para presentar os proxectos e as fotografías aos dous concursos estará aberto ata o 31 de outubro.

Para obter máis información e poder ver as bases do concurso pincha AQUÍ

Investiga, fotografía, crea... a que estás esperando!

No hay comentarios: