16/10/09

Hoxe festival Lugo contra a Fame


A finalidade do Día Mundial da Alimentación, o 16 de outubro, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra o fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945. En 1980, a Asemblea Xeral apoiou a conmemoración do Día por considerar que "a alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental" (resolución 35/70, do 5 de decembro).
Se queres ter máis información ou colaborar pincha AQUÍ Tamén hai un xogo de sensibilización sobre a desnutrición infantil realizado por Médicos sin Fronteras que podes descargar AQUÍ
A compañía Achádego Teatro confía en que o público lucense demostre a súa xenerosidade na gala Lugo contra a Fame que se celebrará hoxe, a partir das 21.00 horas, no auditorio Gustavo Freire. O grupo coordina o espectáculo en colaboración con Acción contra Fame coincidindo coa celebración do tamén chamado Día Mundial da Nutrición. Unha das impulsoras, Tareixa Campo, resalta a importancia de recadar fondos para combater a desnutrición que cada ano provoca a morte duns 5 millóns de nenos en todo o mundo. Na cita participarán, entre outros, os escritores Xosé Miranda e Marica Campo; Palimoco Teatro, Upiaska, Tino Baz, Pilocha e Iván e Josito. As entradas, que oscilan entre 5 e 8 euros, podense comprar en Caixanova. Tamén hai unha fila cero, cun custo de 5 ou 10 euros.

No hay comentarios: