Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lois Pereiro. Mostrar todas las entradas

17/5/11

17 de maio, día das Letras Galegas


---"Que a vida non me sorprenda xamais
desprevenido, calado e neutral
e que un segundo antes de renderme
vaia tamén comigo a imaxe do que fun

--------------------------------------- cando era outro.”
Lois Pereiro, do poema Alerta e vixiante





Manuel Rivas dixo que cada un dos poemas
de Lois Pereiro "era como compoñer un espello,
abrirse paso no azougue, cada poema del
era unha fiestra, un escaparate, unha luminaria
que nos abría outra visión da realidade".

Dixo tamén que "a poesía é a voz da cuarta persoa
do singular. A ponte entre o singular e o plural,
sen deixar de ser singular. Así era Lois
como persoa,
e así era a súa poesía. Por iso soa
tan diferente
e tan próxima a un tempo,
tan estraña e tan familiar,
tan solitaria e tan solidaria".


16/5/11

Un inédito de Lois Pereiro

----Pois si, a editorial Edicións Positivas
atopou este texto de Lois Pereiro, que fixo para eles
coa intención de publicar na lapela do seu primeiro libro, pero como o libro non tiña lapela daquela quedou fóra.
-----Despois de moitos anos a editorial atopouno,
non sen grande esforzo e unha chisca de sorte.

----Excelente cómo Lois define a Lois.
Velaí vai:

POR UNHA FICHA POLICIAL DO PENSAMENTO
----Lois Pereiro, DNI 14248884, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 - Trinta e tres anos. Fillo de Manuel Rodrigo e Inés. Cabelos castaños-roxizos e algúns brancos. Ollos verdes ou grises, segunda a luz.
----Extrema delgadeza, pómulos pronunciados, rostro longo e estreito. Nariz longo e lavres finos. Ollada inquedante e sombría.
----Potencialmente perigoso, quizais só para si mesmo, e por ese motivo, tamén para o sistema. De tendencias libertarias, pero sen ideoloxía concreta ou definida. Polo de agora a súa obra é case exclusivamente poética, publicada en antoloxías ou revistas e distintas publicacións.
----Os libros “De amor e desamor” I e II, unha antoloxía poética de ámbito estatal: “Después de la modernidad. Poetas españoles en sus lenguas territoriales”, de Julia Barella, e outros libros antolóxicos ou conmemorativos coma o de poemas premiados en tódalas edicións do Concurso de Poesía “O Facho”, etc…
----A súa poesía manifesta a presencia do alento atlántico, pero sen alonxarse da Galicia interior, dentro da fonda tradición palpable nos bosques do Incio, de onde procede a súa familia, e forma parte da “patria da súa infancia”.
----Recolle as influencias asumidas e mitificadas de autores como Ezra Pound, Yeats ou Dylan Thomas.
----Lois Pereiro define a súa loita co proceso de creación como “unha caída de si mesmo, un internamente no abismo, para logo reconstruírse, unha aprendizaxe en loita contra o insomnio”.
----“A poesía”, dicía Conrad, “é coñecer o Ser no fracaso”.
_______________________

----O libro que ía levar esta fermosa
autopresentación é
"Poemas 1981/1991" e comeza así:
-------Deixa un bico no espello
-------
onde arde a miña sombra pola noite...