Mostrando entradas con la etiqueta Comercio xusto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comercio xusto. Mostrar todas las entradas

4/5/10

Actividades en prol do Comercio Xusto

Hoxe martes ás 19.30h no local de “A Cova da Terra” :
presentación da campaña “Mobilízate pola selva” e cinefórum co documental “Sangre en nuestros móviles”

Mércores 5 ás 20:30h: “Taller de Solidariedade” e presentación do vídeo “Comercio Xusto, máis que solidariedade”

Xoves 6 ás 19.00h no local de “A Cova da Terra”: charla-obradoiro sobre inmigración"A construcción do inimigo interno” co grupo Cambalache de Oviedo

Sábado 8 a partires das 11.00h na praza do Concello de Lugo:
Postos de Comercio Xusto
Degustación de productos de CX
Concurso de debuxos
Obradoiros para nenos e nenas
Xincana de talleres ás 12.30 e 18.30h
Funcións de teatro (obra de teatro do comercio xusto) ás 12, 13.30 e 18h

6/5/09

Día internacional do comercio xusto


O segundo sábado de maio celébrase en todo o mundo o Día internacional do comercio xusto, que pretende chamar a atención sobre a mellora das relacións comerciais cos países en desenvolvemento, de xeito que esas relacións comerciais beneficien aos produtores e non a empresas transnacionais intermediarias.
En Lugo, A Cova da Terra organiza unha serie de actividades interesantes que convén ter en conta.