O pasado xoves tivo lugar a primeira reunión para poñer en marcha o número da revista do instituto correspondente ao curso actual; estiveron nela Antonino, Cristóbal, David e Diego Graña, Jonathan, Victoria e Marta, coa coordinación de Anxos. A convocatoria para tod@s os que queiran participar segue aberta. A vindeira reunión será o xoves 9 de decembro no departamento de Grego, 2º andar do instituto.
29/11/10
28/11/10
Enxeño e Deseño
Enxeño e Deseño é un concurso organizado por TECNUM, a Escola de Enxeñeiros da Universidade de Navarra. O seu obxectivo é fomentar a creatividade e o enxeño.
Para participar non hai requerimento específico algún, agás ter afición, gañas e ideas.
O concurso está dirixido a alumn@s de 1º e 2º de bacharelato. Os xóvenes en grupos de 3 participantes ou individualmente deben de orientar a súa creatividade e o seu enxeño cara a mellora dun produto deportivo ou tecnolóxico. A innovación pode atoparse dirixida a mellora da súa funcionalidade, ergonomía, seguridade, eficacia, fiabilidade, etc... do arttigo tecnolóxico ou deportivo. Valorarase a descrición da nova idea, tanto coma a do seu deseño.
TECNUM, con este concurso plantéxase varios obxectivos:
-Estimular a creatividade e o desenvolvemento das ideas entre os xóvenes.
-Fomentar o traballo en equipo e o emprego de técnicas de xeración de ideas.
-Fomentar o espírito crítico orientado cara a mellora de produtos e servizos.
-Fomentar o emprego de ferramentas informáticas de debuxo e ferramentas de Management.
-Ofrecer aos centros educativos un estímulo.
PARA VER AS BASES PREME AQUÍ
22/11/10
SEMANA POR UN MUNDO SEN VIOLENCIAS CONTRA AS MULLERES
A violencia contra as mulleres e as nenas constitúe a día de hoxe a violación de dereitos humanos máis estendida. Adopta múltiples formas e ten lugar en moitos lugares: no fogar, na escola, no traballo... É importante remarcar que son diversas as violencias que se producen na vida das mulleres, desde as expresións de violencias verbais e sicolóxicas, pasando por o acoso laboral e no ámbito educativo, o abuso sexual por parte de parentes, violacións por descoñecidos, as mutilacións sexuais, esterilizacións forzadas, "crímenes de honor" e asasinato de mulleres e nenas polo feito de selo.
O día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero; con tal motivo a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) xunto con outros organismos e asociacións ven de presentar a campaña A TÚA VOZ CONTA, onde no vídeo que figura a continuación recóllense campañas de sensibilización contra a violencia de xénero en todo o mundo, pero especialmente nos países en desenvolvemento, nos que a cooperación española impulsa a súa erradicación.
Tu Voz Cuenta. Por un mundo sin violencias contra las mujeres from Tu Voz Cuenta on Vimeo.
Etiquetas:
Violencia de xénero
20/11/10
Clubes de lectura "Estantigas 1 e 2"
Os clubes de lectura botan a andar o vindeiro luns 22 de novembro. Reunímonos á hora do recreo na biblioteca ("Estantigas1") e na aula 19 ("Estantigas 2").
Lembrade que as lecturas son os contos O príncipe lagarto e Aladina pertencentes ao libro Contos de maxia, IV.A seguinte reunión será o venres 3 de decembro.
Etiquetas:
club de lectura
"Voces na rúa", I Encontro de Corais de Lugo
Queres escoitar boa música?
PROGRAMA (do 22 ao 28 de novembro)
Luns 22
18:30-19:30 Cantar Delas (A)
19:30-20:30 Hospital Xeral de Lugo (B)
Martes 23
18:30-19:30 Polifónica de Xolda (A)
20:00-21:00 Orfeón Lucense (B)
Mércores 24
18:30-19:30 Coro do centro de maiores de Caixa Galicia “Novo Amencer” (A)
20:00-21:00 Coral Amigos do Camiño de Santiago (B)
Xoves 25
18:30-19:30 Conxunto vocal Lugh (A)
19:30-20:30 Orfeón Xoán Montes (A)
19:30-20:30 Coro de San Antonio (B)
Venres 26
18:30-19:30 Schola Gregoriana Lucensis (A)
19:30-20:30 Solo Voces (B)
Domingo 28
Xuntanza de todas as corais participantes no Círculo das Artes.
ITINERARIOS
A – Porta Nova – Bolaño Rivadeneira – San Marcos – Pr. Santo Domingo – Raíña – Pr. Soidade
B – Campo Castelo – Pr. Maior – Conde Pallares – Pr. Do Campo – Pr. Soidade
PROGRAMA (do 22 ao 28 de novembro)
Luns 22
18:30-19:30 Cantar Delas (A)
19:30-20:30 Hospital Xeral de Lugo (B)
Martes 23
18:30-19:30 Polifónica de Xolda (A)
20:00-21:00 Orfeón Lucense (B)
Mércores 24
18:30-19:30 Coro do centro de maiores de Caixa Galicia “Novo Amencer” (A)
20:00-21:00 Coral Amigos do Camiño de Santiago (B)
Xoves 25
18:30-19:30 Conxunto vocal Lugh (A)
19:30-20:30 Orfeón Xoán Montes (A)
19:30-20:30 Coro de San Antonio (B)
Venres 26
18:30-19:30 Schola Gregoriana Lucensis (A)
19:30-20:30 Solo Voces (B)
Domingo 28
Xuntanza de todas as corais participantes no Círculo das Artes.
ITINERARIOS
A – Porta Nova – Bolaño Rivadeneira – San Marcos – Pr. Santo Domingo – Raíña – Pr. Soidade
B – Campo Castelo – Pr. Maior – Conde Pallares – Pr. Do Campo – Pr. Soidade
18/11/10
Centenario de Miguel Hernández e Ricardo Carvalho Calero
Mañá venres 19 de novembro inaugúrase a exposición que a biblioteca do IES Xoán Montes dedica á celebración do centenario de Ricardo Carvalho Calero e Miguel Hernández Giner, nados o 30 de outubro de 1910.
A exposición consta de 24 paneis realizados polo alumnado de 4º de ESO do instituto, os seus profesores Xosé Manuel González Pérez e Aurora San Emeterio Jaramillo e o equipo da biblioteca.
Ademais destes paneis nos que se analiza a vida e a obra dos escritores, a exposición complétase con exemplares de obras dos autores así como fotografías e artículos persoais cedidos especialmente para a ocasión polos profesores mencionados e por dona Margarita Carballo Ramos, profesora deste instituto e filla de Ricardo Carvalho Calero, a quen queremos manifestar especialmente a nosa gratitude.
Etiquetas:
Carvalho Calero,
centenario,
Exposición,
Miguel Hernández
GALICIA E AS CIENCIAS DO MAR
(Escrito polos alumnos de 4º de ESO, PDC)
O luns 15 de novembro, os alumnos de ESO asistimos na biblioteca do instituto a unha actividade científica do proxecto "Galicia e as ciencias do mar".
Aprendimos que as rías baixas galegas son moi fértiles grazas aos afloramentos. Un afloramento é un punto no que as correntes de augas frías afloran á superficie traendo gran cantidade de plancto para todas as especies mariñas; por iso as nosas rías son tan ricas en peixe e marisco e as súas augas tan frías.
Cando se xuntan dúas masas de auga diferente, sempre, en todos os océanos, aumenta a produción de plancto, algas e peixe.
Vimos un experimento de como se mesturan as augas quentes e doces dos ríos e as augas frías e salgadas do mar. Na desembocadura dos ríos a auga quente dispérsase sobre a auga fría do mar. A auga doce e quente é menos densa e flota.
Etiquetas:
Ciencia
16/11/10
"Leonardo da Vinci e a Música" en Lugo
A cidade de Lugo acolle por primeira vez en Galicia a mostra internacional Leonardo da Vinci e a Música, unha exposición na que se recolle a relación do xenio italiano coa música tras un pioneiro e profundo traballo de investigación sobre os seus manuscritos. Da man desta exitosa proposta cultural, o Centro de Artesanía e Deseño celebra o seu décimo quinto aniversario.
A exposición componse de dous manuscritos correspondentes ao período de madurez do artista -finais do século XV e principios do XVI-, que recollen debuxos, bosquexos, notas e unha lista de 116 libros que formaban parte dos fondos da súa biblioteca.
Para chegar ao resultado final do material que agora se exhibe, expertos de todo o mundo tiveron que estudar, previamente, este traballo durante anos. O resultado, é unha exposición que mostra a dimensión creativa de Leonardo e a súa relación coa música dunha forma científica e lúdica, así como vinte instrumentos realizados de acordo cos seus manuscritos.
A exposición situarase na Capela de Santa María e no Centro de Artesanía, de luns a venres de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00, os sábados so pola tarde e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00. Poderase visitar ata o 31 de xaneiro.
Etiquetas:
Exposición,
Música
15/11/10
15 de Novembro, Día Mundial sen alcohol
O 15 de novembro conmemórase o día sen alcohol, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. O impacto social dos problemas relacionados co alcohol esixe unha resposta para a prevención e a axuda aos máis afectados por estes problemas. O Día Mundial sen alcohol supón un estímulo para a reflexión, desde todas as instancias, sobre o alcohol e as súas consecuencias.
A celebración deste día tenta seguir tres liñas básicas de actuación:
-Acadar unha menor presenza de publicidade de alcohol na vía pública.
-Conseguir que haxa unha menor disponibilidade de alcohol para os menores de idade.
-Impulsar un cambio na percepción social sobre o consumo abusivo de alcohol, tan aceptado nestes momentos.
Este compromiso, no que todos debemos participar, pretende acadar a redución das consecuencias negativas do abuso do alcohol, pois todos podemos ser vítimas delas, directa ou indirectamente.
Etiquetas:
15 de novembro,
día mundial sen alcohol
13/11/10
A CIENCIA NA BIBLIOTECA
O vindeiro luns a nosa biblioteca mostra unha cara pouco habitual nela. Deixa os libros nos andeis e aparta as mesas de estudo para converterse en escenario de experimentos científicos.
O Dr. Octo e a Dra. Medusa achégannos experimentos do proxecto "Galicia e as ciencias do mar" que ven de pór en marcha o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR.
O Dr. Octo e a Dra. Medusa achégannos experimentos do proxecto "Galicia e as ciencias do mar" que ven de pór en marcha o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR.
Se queredes ir vendo o laboratorio da Dra. Medusa e participar nos seus experimentos interactivos ir a: http://www.galiciaeascienciasdomar.org/
Etiquetas:
Ciencia
12/11/10
Recursos on-line co carné da biblioteca
Sabedes as posibilidades que temos grazas ao noso carnet de biblioteca escolar e o programa MEIGA? Se neste blog pinchamos na dereita no apartado de Catálogo da biblioteca aparece unha ventá na que podemos seleccionar, na esquerda, Recursos electrónicos, entón veremos unha xanela como esta:
Podemos pinchar en calquera recurso que nos interese (e_Junior.net, Enciclonet, Ocenet Saber, Dicionario Akal del Antiguo Egipto, Dicionario Akal de filosofía Hemeroteca dixital,...) e apareceranos un cadro para que cubramos:
Código usuario______ (é o número do carné da biblioteca)
Contrasinal: ________ (o noso primeiro apelido tal e como aparece no carné da biblioteca)
Unha vez cubertos os datos faremos click en Acepta
Desta maneira poderemos ter acceso a páxinas de consulta on-line moi interesantes de xeito gratuito.
Etiquetas:
Recursos
11/11/10
Festa do año
O día 16 ou 17 de novembro os musulmáns celebramos a Festa do Año ou Festa Grande ( عيد الكبير/عيد لآدحا). Nesta festa sacrifícanse años para conmemorar o sacrificio de Isaac a mans de Abraham.
É a festa máis grande para todos os musulmáns, non importa a súa nacionalidade. Todo o mundo vai á mesquita para orar. Decimos que Alá é o máis grande e que se sacrifican años. Despois da oración, a famila reúnese na casa e sacrifícase o año. De todos modos, para unha familia grande, un año non é suficiente, moitos sacrifican tamén vacas.
Etiquetas:
Conmemoracións,
islam
5/11/10
Participación nas actividades en prol do Cooperativismo
Este ano volvemos participar nas actividades organizadas polo Concello. O alumnado de 3º e 4º de ESO da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras acudiu ás Xornadas de Cooperativismo no CEI- nodus o 19 de outubro, o de 2º de bacharelato de Economía da Empresa disfrutou o día 22 dunha visita didáctica moi interesante a Coren (a fábrica de pensos de Outeiro de Rei) e @s alumn@s de Economía de 1º de bacharelato coñeceron o día 26 o Centro de Divulgación do Queixo e o Mel de Arzúa e a cooperativa Erica mel.
Por último, esta mesma semana houbo unha pequena degustación de produtos das cooperativas.
Quedamos satisfeitos da experiencia e agradecemos a todas as persoas que nos atenderon a súa amabilidade. Sabedes que algúns foron alumnos do centro? A eles especialmente van as nosas grazas.
Etiquetas:
cooperativismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)