15/3/11

Poesía na biblioteca



Como xa anunciamos, este xoves asistimos á clausura do obradoiro de literatura. A verdade é que estivo chea de sorpresas, os alumn@s, a quen damos os parabéns polo seu gran traballo, recitaron as súas inspiradas creacións, puidemos disfrutar dun conto que escribiron e das felicitacións e consellos dos profesores, Joaquín Carballido e Paco Reija. A eles vai o noso agradecemento polo seu  magnífico labor, realmente desbordan tanto amor á literatura que contaxiáronnos a todos á vez que rimos cos seus sempre enxeñosos comentarios.

Por outra banda tivemos a gran sorte de poder disfrutar das palabras de J. Luís Calvo Vidal,  escritor moi vinculado a Lugo. Presentounos o seu último libro chamado Cantos de docedume, deleitounos con poesía súa inédita, transmitíndonos toda a maxia que envolve a creación do poeta, animando a escribir, respondendo ás dúbidas dos asistentes... A el tamén lle agradecemos inmensamente a súa desinteresada e enriquecedora participación.

E vistes como lucía, con tantos poetas, poetisas e poesía, o sorriso da nosa biblioteca?

1 comentario:

Anónimo dijo...

O taller de escritura foi moy proveitoso, a min gustoume moito.
Espero que nos anos viendeiros se volva a repetir, pero cunhas horas mais de curso porque chegoume a pouco.