Durante os meses de marzo e abril temos á vosa disposición unha selección de cómics no punto de lectura. Consta de corenta títulos: clásicos como Tintín, Astérix, Mafalda... e outros de actualidade como Emigrantes, MAUS, Persépolis... Son un préstamo da Fundación Germán Sánchez Rupérez dentro do seu programa Lecturas de ida e volta. A todos eles sumánse os que nos presta o I.E.S. Fernando Esquío de Neda.
E para completar, tamén podedes disfrutar da exposición sobre a historia do cómic, grazas ao traballo da nosa amiga Begoña López Soto, e dun boletín de participación cun encrucillado para resolver e gañar premios ao rematar a exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario