Mulleres, avoas, fillas, netas... o día 8 de marzo é o voso día! Un día para lembrar o papel e a dignidade das mulleres no proceso de conciencia do seu valor humano dentro da sociedade.
Un día para contestar, para rexistrar, e espertar ao mundo para a importancia da actuación da muller en todos os ámbitos. Un día é pouco para celebrar unha loita constante, diaria, e sen descanso. Un día é pouco para recoñecer a participación das mulleres na construción dunha familia, e na conquista do mercado de traballo, na loita pola súa liberdade de pensamento, de elección,...
O 8 de marzo
Este día específico adicado as mulleres débese a un tráxico feito que ocorreu en Estados Unidos, no ano 1857. O día 8 de marzo dese ano, as mulleres que traballaban na fábrica téxtil de Nova Iorque, decidiron parar de traballar como protesta ás súas precarias condicións de traballo. Esa foi a primeira vez que as mulleres uníanse para reivindicar melloras, e polo tanto, os seus dereitos. Elas pedían unha redución do horario de traballo diario que era de 16 horas, en 10 horas diarias. Ademais, por traballar esas horas, elas recibían apenas un tercio do soldo que recibían os homes.
Pero a rebelión foi contida de forma violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, carbonizadas dentro da mesma fábrica. Anos despois, no 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para homenaxear as operarias mortas nesa fábrica téxtil. E así foi que en 1975, a Asemblea Xeral das Organizacións Unidas (ONU) decretou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.

No hay comentarios:
Publicar un comentario