O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega á cidade o ciclo Teatro Galego en Lugo. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de catro pezas galegas os días 25 de febreiro e o 4, 11 e 18 de marzo as 20.30.
A primeira das obras en chegar á cidade será E ti de quen ves sendo? de Talía Teatro O espectáculo plantexa que pasaría se, de súpeto, alguén que é unha copia exacta de ti mesmo ocupase o teu lugar na vida.
A seguinte das obras chega da man de Ónfalo Teatro que representarán Neuras, unha comedia sobre as neuras da sociedade contemporánea e urbana.
Fulano, Mengano e Citano presentan o 11 de marzo Nunca menos, un percorrido en clave de humor a través da historia de Galicia.
Porá fin a este ciclo Lagarta Lagarta coa obra O segredo dos Hoffman. A historia conta como os catro membros dunha familia rota por un segredo oculto se xuntan de novo con motivo do falecemento da avoa.
Porá fin a este ciclo Lagarta Lagarta coa obra O segredo dos Hoffman. A historia conta como os catro membros dunha familia rota por un segredo oculto se xuntan de novo con motivo do falecemento da avoa.
As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días das funcións unha hora antes dos espectáculos. O importe das entradas variará segundo a zona: zona A 10 euros, zona B 7 euros e zona C 5 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario