24/2/10

Concurso de fotografía: O euro, que significa para nos?

O euro é a moeda única compartida (na actualidade) por 16 dos 27 Estados membros da Unión Europea que no seu conxunto compoñen a zona euro. A introdución do euro en 1999 constituíu un gran paso na integración europea. Tamén representou un dos seus éxitos máis notables: aproximadamente 329 millóns de cidadáns da UE úsano como moeda e gozan das súas vantaxes, que seguirán estendéndose a medida que outros países da UE adopten o euro.

«O euro: Que significa para nós?» é un concurso de fotografía para residentes da UE de 14 a 18 anos, que traballen conxuntamente en equipos para explorar o tema do euro na Unión Europea. Para participar debe enviarse unha foto orixinal, feita polo equipo, que ilustre a vosa visión do euro. Que significa o euro para vós? Que é o que vos gusta do euro? A imaxe tamén debe ir acompañada dun breve pé de foto explicativo.
Dende xaneiro do 2010 poden facerse as inscripcións, invítase aos participantes a que se rexistren o antes posible para poder concursar (hai un formulario de inscripción dispoñible no enlace inferior). O límite para enviar as fotos é o 31 de marzo de 2010 ( é conveniente ver o artigo 3 das regras do concurso).

O concurso está organizado pola Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros da Comisión Europea. A primeira rolda do concurso realizarase a nivel nacional: haberá un equipo gañador por cada Estado membro da UE que participe. Todos os membros do equipo recibirán un premio. Os sete mellores equipos dos 27 gañadores nacionais serán invitados a Bruxelas, onde o equipo gañador xeneral recibirá os seus premios nunha cerimonia de entrega.

Para inscribirse e informarse mellor preme AQUÍ

No hay comentarios: