19/2/10

Debúxame un dereito!


A Dirección Xeral de Xustiza, Liberdade e Seguridade da Comisión Europea organiza un concurso europeo de creación de pósteres titulado «20 Aniversario da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno», o slogan é «Debúxame un dereito!». O póster deberá ilustrar un dereito da Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno. Os equipos participantes deberán explicar no formulario de participación por que elixiron un determinado dereito para ilustralo no póster, e cal é a idea que desexan transmitir co mesmo.
Poden participar todos os mozos residentes nos 27 Estados membros da Unión Europea, que pertenzan a un dos dous seguintes grupos de idade: 10-14 e 15-18 anos.

Serán de aplicación as seguintes regras:
Formato do póster: papel tamaño A2 (42 x 59 cm). O póster non se deberá enviar dobrado, xa que se poderá utilizar no futuro (recoméndase utilizar un tubo ou unha peza grande de cartolina para o seu envío);
Débese achegar un formulario descritivo do traballo enviado e cada equipo pode deseñar e presentar varios pósteres se así o desexa.

Todos os gañadores nacionais serán invitados a unha estancia dun día na capital do país, para asistir á cerimonia de entrega de premios que se celebrará na semana que comeza o 10 de abril de 2010 (a Representación da CE confirmará máis adiante a data exacta).
Cubriranse os gastos de viaxe e aloxamento para os catro mozos e o adulto acompañante dos tres equipos gañadores de cada un dos dous grupos de idade, é dicir, 10-14 e 15-18 anos.
As obras que gañen os primeiros premios nacionais serán obxecto dunha segunda selección por parte dun xurado europeo composto por representantes da Comisión Europea e outros diversos membros como un docente, un profesional da comunicación, un artista gráfico, un ilustrador, un mozo en representación dunha organización xuvenil, etc.

Os tres equipos gañadores de cada categoría, é dicir, seis equipos en total, serán invitados a unha viaxe a Bruxelas do sábado 8 ao luns 10 de maio de 2010, para asistir á cerimonia de entrega de premios e descubrir todo o que a cidade pode ofrecerlles, incluídas as institucións europeas. Para cada un destes seis equipos gañadores cubriranse os gastos de viaxe e aloxamento de catro mozos e un adulto acompañante.

Para informarse mellor das bases preme AQUÍ


No hay comentarios: