18/5/11

TORNEO ENTRE INSTITUTOS DA CIDADE 2011

O Torneo entre institutos da cidade de Lugo 2011 desenvolverase ao longo do sábado 28 de maio e a mañá do domingo 29 de maio do 2011.
Estableceranse catro modalidades deportivas: fútbol sala, baloncesto, balonmán e voleibol. Dentro de cada unha destas disciplinas deportivas establecerase unha única categoría.
Cada equipo de fútbol sala e baloncesto ten que estar formado coma mínimo por 5 persoas e como máximo  por sete persoas. No caso de balonmán estarán formados como mínimo por 7 persoas e coma máximo por 9 compoñentes, e os equipos de voleibol como mínimo por 6 persoas e coma máximo por 8 compoñentes. En casos especiais, a Concellería de Xuventude e os Radares estudarán a posibilidade de que os equipos sexan formados por máis ou menos persoas. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos,  participando todos na mesma categoría.

As inscricións presentaranse no local dos Radares Xuvenís de cada centro educativo. O prazo de inscrición dos equipos será dende o día do seu anuncio ao 25 de maio de 2011 ás 19:00 horas.

O día 27 de maio de 2011 expoñerase no taboleiro informativo de cada un dos centros educativos a data, horario e lugar dos partidos.

E tranquilos...que haberá PREMIOS!

PARA CONSULTAR AS BASES, AUTORIZACIÓNS E FOLLAS DE INSCRIPCIÓN FALA CO RADAR DO TEU CENTRO.

No hay comentarios: