31/5/11

30/5/11

Sorteo de comics

O xoves pasado tivo lugar na biblioteca a entrega dos comics que se sortearon entre todos os alumnos que fixeron o boletín que acompañaba a exposición celebrada nos meses de marzo e abril. A gañadora foi Beatriz Álvarez Díaz de 4ºA.
Agradecemos a todos a súa participación e as suxestións para a compra de comics. Estes días están chegando á biblioteca as novas adquisicións que xa podedes ir solicitando en préstamo.

25/5/11

Olimpíada matemática

Parabéns para Juan Manuel Cano Vila de 2º de E.S.O. que ven de clasificarse para a final nacional da Olimpíada matemática que se celebrará en Vigo do 26 ao 30 de xuño.
Ánimo Juan, e non esquezas que o importante é disfrutar coa experiencia de xogar, pensar e ler coas matemáticas.

23/5/11

Despedida de Estantigas1

O pasado venres despedimos o club de lectura Estantigas1 entre risas, contos de medo e chuches. Era unha experiencia nova para todas, alumnas e profe. Xunto coas fotos está a valoración das participantes, so queda dicir que para mín foi unha actividade inolvidable que vos debo a todas. Moitísimas grazas, foi un verdadeiro pracer coñecervos lendo.


21/5/11

Internet e vós


----O 17 de maio foi o día da Internet. Quedou un pouco tapado porque, como sabedes, coincidiu co día das Letras Galegas, o que acaparou toda
a nosa atención.

----Agora permítome volver uns días atrás para reflexionar sobre o uso que da tripla W facemos.

----Tendo en conta que esta VII Edición do Día da Internet
pon o seu foco principal no debate sobre como Internet e as
Novas Tecnoloxías afectan aos Dereitos Humanos,
non se me ocorre mellor idea que aproveitalo hoxe aquí para
achegarvos ao concepto da seguridade na Rede. ----------------------------(pica para ver o vídeo)


Baixo o lema "de aquí non pasas",
a asociación Save The Children fixo unha campaña para alertar aos rapaces sobre os riscos asociados ás Redes Sociais e nós queremos, nun esforzo común, achegárvola a vós. Non se trata de restrinxir o uso da internet, senón de educar sobre el.



Porque non che coñezo de nada, porque non nacín onte,
porque as túas historias non me impresionan...
porque sei como coidarme na Rede
------de aquí
------------non pasas.
Máis información aquí e- aquí-----

19/5/11

E se tés alma de escritor ou escritora?

Para calquera idade...

Bases Relatos Cortos dos Lectores 2011

18/5/11

TORNEO ENTRE INSTITUTOS DA CIDADE 2011

O Torneo entre institutos da cidade de Lugo 2011 desenvolverase ao longo do sábado 28 de maio e a mañá do domingo 29 de maio do 2011.
Estableceranse catro modalidades deportivas: fútbol sala, baloncesto, balonmán e voleibol. Dentro de cada unha destas disciplinas deportivas establecerase unha única categoría.
Cada equipo de fútbol sala e baloncesto ten que estar formado coma mínimo por 5 persoas e como máximo  por sete persoas. No caso de balonmán estarán formados como mínimo por 7 persoas e coma máximo por 9 compoñentes, e os equipos de voleibol como mínimo por 6 persoas e coma máximo por 8 compoñentes. En casos especiais, a Concellería de Xuventude e os Radares estudarán a posibilidade de que os equipos sexan formados por máis ou menos persoas. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos,  participando todos na mesma categoría.

As inscricións presentaranse no local dos Radares Xuvenís de cada centro educativo. O prazo de inscrición dos equipos será dende o día do seu anuncio ao 25 de maio de 2011 ás 19:00 horas.

O día 27 de maio de 2011 expoñerase no taboleiro informativo de cada un dos centros educativos a data, horario e lugar dos partidos.

E tranquilos...que haberá PREMIOS!

PARA CONSULTAR AS BASES, AUTORIZACIÓNS E FOLLAS DE INSCRIPCIÓN FALA CO RADAR DO TEU CENTRO.

Camiño de Santiago 2011


Hai uns meses, acordamos co noso profesor de Tecnoloxía, Gerardo, facer o Camiño a Santiago de Compostela. Todo o mundo nos dicía que estabamos tolos, que como se nos ocorría facelo en dous días e cunha kilometraxe tan elevada.
Pero chegou o día, eran as nove menos cuarto da mañá dun día anubrado (14 de maio de 2011). Quedamos os camiñantes, na fachada norte da catedral, selamos a credencial e puxémonos a camiñar, non podiamos parar, o noso obxectivo atopábase a un kilómetro de Arzúa (Ribadiso), e tiñamos que chegar fose como fose. Fixemos unha parada a media mañá para comprar o avituallamento (aprox. 30 minutos), seguimos camiñando e camiñando ata que ás dúas e cuarto paramos para comer (aprox. unha hora). Continuamos camiñando ata que despois de outra parada máis chegamos a Melide (57 km en escasas oito horas). Pero chegados ata aí, non podiamos parar (ese fora o reto da outra vez), tiñamos que chegar 5 quilómetros máis alá. Chegar, chegamo,s aínda que non todos.

O 15 de Maio era o día previsto para chegar a Santiago de Compostela. Despois dunha noite axitada no albergue, estabamos preparados para iniciar a nosa camiñata cara Santiago. Eran as 8:45 e estabamos dispostos a subir todas aquelas impoñentes costas para chegar a Santiago. As nosas únicas paradas foron para comer, en Arca e no Monte do Gozo para asearnos un pouco.
O noso reto foi conseguido con creces por practicamente "todos", chegando a Santiago ás 19:15.

AVENTUREIR@S:
- Gerardo Baamonde.
- Lenin Espín.
- David Graña.
- Diego Graña.
- Marco Gugliandolo.
- Jonathan Lópes.
- Marta Salgado.

KILOMETRAXE:
- Primeiro día, 14 de maio, LUGO - ARZÚA (aproximadamente 60 km).
- Segundo día, 15 de maio, ARZÚA - SANTIAGO DE COMPOSTELA (aproximadamente 45 km).

Entrega de premios do III Concurso literario en inglés

Os premiados xunto co xurado
O martes día dez, tivo lugar na biblioteca a entrega de premios do III Concurso literario convocado polo departamento de inglés. Os premiados foron: María Losada Burgo e Claudia García González de 3º de E.S.O., Beatriz Álvarez Díaz de 4º de E.S.O. e José Manuel Núñez Vázquez de 1º de Bacharelato.
Parabéns para os premiados e tamén para todos os participantes e o xurado.

CLUB DE LECTURA ESTANTIGAS1

O venres 20, á hora do recreo, vémonos na biblioteca. Comentaremos  os dous últimos contos do libro que estamos a ler. Rematamos o club de lectura por este ano. Non faltedes á celebración.

17/5/11

17 de maio, día das Letras Galegas


---"Que a vida non me sorprenda xamais
desprevenido, calado e neutral
e que un segundo antes de renderme
vaia tamén comigo a imaxe do que fun

--------------------------------------- cando era outro.”
Lois Pereiro, do poema Alerta e vixiante





Manuel Rivas dixo que cada un dos poemas
de Lois Pereiro "era como compoñer un espello,
abrirse paso no azougue, cada poema del
era unha fiestra, un escaparate, unha luminaria
que nos abría outra visión da realidade".

Dixo tamén que "a poesía é a voz da cuarta persoa
do singular. A ponte entre o singular e o plural,
sen deixar de ser singular. Así era Lois
como persoa,
e así era a súa poesía. Por iso soa
tan diferente
e tan próxima a un tempo,
tan estraña e tan familiar,
tan solitaria e tan solidaria".


16/5/11

Un inédito de Lois Pereiro

----Pois si, a editorial Edicións Positivas
atopou este texto de Lois Pereiro, que fixo para eles
coa intención de publicar na lapela do seu primeiro libro, pero como o libro non tiña lapela daquela quedou fóra.
-----Despois de moitos anos a editorial atopouno,
non sen grande esforzo e unha chisca de sorte.

----Excelente cómo Lois define a Lois.
Velaí vai:

POR UNHA FICHA POLICIAL DO PENSAMENTO
----Lois Pereiro, DNI 14248884, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 - Trinta e tres anos. Fillo de Manuel Rodrigo e Inés. Cabelos castaños-roxizos e algúns brancos. Ollos verdes ou grises, segunda a luz.
----Extrema delgadeza, pómulos pronunciados, rostro longo e estreito. Nariz longo e lavres finos. Ollada inquedante e sombría.
----Potencialmente perigoso, quizais só para si mesmo, e por ese motivo, tamén para o sistema. De tendencias libertarias, pero sen ideoloxía concreta ou definida. Polo de agora a súa obra é case exclusivamente poética, publicada en antoloxías ou revistas e distintas publicacións.
----Os libros “De amor e desamor” I e II, unha antoloxía poética de ámbito estatal: “Después de la modernidad. Poetas españoles en sus lenguas territoriales”, de Julia Barella, e outros libros antolóxicos ou conmemorativos coma o de poemas premiados en tódalas edicións do Concurso de Poesía “O Facho”, etc…
----A súa poesía manifesta a presencia do alento atlántico, pero sen alonxarse da Galicia interior, dentro da fonda tradición palpable nos bosques do Incio, de onde procede a súa familia, e forma parte da “patria da súa infancia”.
----Recolle as influencias asumidas e mitificadas de autores como Ezra Pound, Yeats ou Dylan Thomas.
----Lois Pereiro define a súa loita co proceso de creación como “unha caída de si mesmo, un internamente no abismo, para logo reconstruírse, unha aprendizaxe en loita contra o insomnio”.
----“A poesía”, dicía Conrad, “é coñecer o Ser no fracaso”.
_______________________

----O libro que ía levar esta fermosa
autopresentación é
"Poemas 1981/1991" e comeza así:
-------Deixa un bico no espello
-------
onde arde a miña sombra pola noite...

13/5/11

Celebracións matemáticas

Participantes en  "Matemáticas  na rúa"
Dentro das celebracións con motivo do Dia escolar das matemáticas os alumnos de 1º e 4º de E.S.O. participarón na actividade organizada polo Concello "Matemáticas na rúa" que tivo lugar o martes día 10. Por outra banda todos os alumnos do noso instituto seguen a resolver as adiviñas dos concursos organizados pola biblioteca e o departamento de matemáticas. Felicitamos a todos polo ánimo e entusiasmo que poñen.

Este ano a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas proponnos a conferencia ¿É posible a química sen matemáticas? impartida polo catedrático emérito do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Barcelona. Se queres escoitala preme aquí.

11/5/11

Programa do Festival das Letras Galegas 2011!

O venres, día 13 de maio, a partir das 12:50 celebramos no noso instituto o Festival da Letras Galegas 2011:

Presentado por Marta Bohorque (2º ESO B), Christian Toimil (1º BAC A) e Alba Mª Pereira (2º ESO A):
REPRESENTACIÓN TEATRAL
OBRA: “Os vellos non deben de namorarse” (Castelao)
Representación do 1º lance a cargo de:
.-Víctor Rodríguez Ferreiro (1ºBAC B).
.-Ángela Beltrán Álvarez (1ºBAC B).
.-Alba Pereira Pontide (2ºESO A).
.-Yessica Fernández Ramos (2ºESO B).
Colabora o profesor de Lingua Galega e Literatura Xosé Manuel González, representando ao autor Daniel Rodríguez Castelao.

INTERPRETACIÓN MUSICAL a cargo do alumnado do centro.

VIDEO: "A ESCOLA DAS AREAS" de LUA Films, coproducido con TVG e patrocinado pola Xunta de Galicia.

INTERPRETACIÓN MUSICAL a cargo do alumnado do centro.

RECITAL DE POESÍA E MÚSICA en honra á figura de Lois Pereiro.

ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do violinista Daniel Rodríguez Castiñeira.

ENTREGA DE DEPLOMAS para os premiados no Certame Literario do Día das Letras Galegas.


30 anos da morte de Bob Marley (permitídeme este inciso "musical")



Domingo; sol e sombras, luz e noite,
guerra e paz, fame e fartura, felicidade e tristeza, risa e choro, esperanza e abismo.
É a vida, que non se sortea igual para todos.

Bob Marley escribiu unha vez: “ninguén se fixa na cor dos ollos para levantar unha barreira”.

------Pero sucede coa pel, a roupa,- os- idiomas- e- os -deuses.- Murallas- de- medo, de cultura. Son tempos de cambio e revolución. De catarse... todo o inamovible, móvese.
------Marabillosa interpretación coral deste One Love de Marley. Música sen fronteiras, sen imposturas, sen o negocio da diferenza.


O texto pertence a Ramón Lobo, e aparece no seu blog de El País (Aguas Internacionales)

10/5/11

LETRAS GALEGAS 2011

Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao escritor de Monforte Lois Pereiro. Pinchando nas imaxes podedes acceder á súa biografía, poemas musicados, páxina web, comentarios sobre á súa obra...


As actividades no noso instituto terán lugar o venres día 13 a partir das 12.50 horas.

9/5/11

9 de maio, Día de Europa

O Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas.
O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman", aínda recente a Segunda Guerra Mundial, na que invitaba a Francia, Alemaña e outros países europeos a mancomunar a súa produción de carbón e aceiro e, deste xeito, propuña asentar unha paz duradeira no territorio europeo e dar un primeiro paso cara a unha unificación económica. Hoxe a súa declaración considérase a partida de nacemento da Unión Europea e, desde 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designar o 9 de maio como Día de Europa.
Para 2011, o lema para o Día de Europa é: "coñece os teus dereitos e exérceos". Por iso, a Comisión Europea invita a consultar o portal A túa Europa, onde poderanse coñecer todos os dereitos que se teñen como cidadán da Unión Europea.
O Día de Europa, é un dos símbolos da Unión Europea, xunto co euro, a bandeira e o himno, polo que se celebran actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión Europea.
En Lugo, os actos de conmemoración son na Praza Maior de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Por unha banda, instalarase un punto de información onde os que se acheguen poderán coñecer os aspectos máis relevantes da Unión Europea. Todos os asistentes recibirán un pack con material divulgativo da UE, folletos, globos, etc.
Por outra, celebraranse talleres de animación e dinamización dedicados especialmente a nenos de 5 a 12 anos (gymkhana cultural, bandeiras de Europa, puzzle no chan das bandeiras dos países integrantes da UE, taller "Debuxa Europa", taller "Eurochapas", Xogos colectivos...)
O acto institucional será ás 12 e rematarase co izado de bandeira e a interpretación do himno europeo.

Infórmate sobre a UE e atopa recursos para aprender ludicamente nestes enlaces:


6/5/11

...Regálovos un conto


---Neste impasse literario
(pasado xa o Día do Libro, e aínda por chegar o
das Letra
s Galegas), vou... e regálovos un conto!

----Titúlase “Pensamentos no soto”, e di así:

---------A pelota atravesou a fiestra rota e caeu
no corredor do soto. Unha das nenas, a filla de catorce anos dos conserxes, baixou bambeando a buscala. Á pobre o tranvía cortoulle a perna por baixo do xeonllo, e sentíase feliz cando podía recoller pelotas para os demais.
------No soto reinaba a penumbra, pero de todas formas chamoulle a atención algo que se movía no recuncho.
----—Minino! —dixo a rapariga de perna de pau da conserxería—.
E ti qu
e fas aquí, gatiño?
----Alzou a pelota e, como puido, apresurouse a levala.
----A vella, sucia e noxenta rata —foi a ela a quen confundiron cun gatiño— sorprendeuse. Así non lle falara nunca ninguén.
----Ata agora só a odiaron, lanzáronlle pedazos de carbón ou fuxiron aterrados ante a súa presenza.
----Por primeira vez ocorréuselle pensar o diferente que tería sido todo se, por exemplo, nacera gato.
----É máis —porque así de insaciables somos!—, continuou tecendo as súas fantasías. E se nacese para ser a rapariga de perna de pau da conserxería?
----Pero iso xa sería demasiado fermoso. Non llo puido nin imaxinar.

István Örkény
Contos dun minuto

----Ah!!... É que os contos non serven soamente para durmir aos pequenos, senón tamén para manter espertos aos maiores.

4/5/11

Canal de ciencia e tecnoloxía

 A Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía  acaba de presentar un canal de televisión por internet sobre ciencia e innovación de servizo público (FECYT.tv). O seu obxectivo é producir  e difundir información de actualidade científica.
O canal presentouse a semana pasada en Madrid, coa finalidade de ser unha ferramenta para que distintas institucións poidan dar a coñecer as súas investigacións  ao gran público. Tamén tratará de involucrar a profesores e alumnos para participar na elaboración de material divulgativo.
Se queres acceder preme aquí.