O Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas.
O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman", aínda recente a Segunda Guerra Mundial, na que invitaba a Francia, Alemaña e outros países europeos a mancomunar a súa produción de carbón e aceiro e, deste xeito, propuña asentar unha paz duradeira no territorio europeo e dar un primeiro paso cara a unha unificación económica. Hoxe a súa declaración considérase a partida de nacemento da Unión Europea e, desde 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designar o 9 de maio como Día de Europa.
Para 2011, o lema para o Día de Europa é: "coñece os teus dereitos e exérceos". Por iso, a Comisión Europea invita a consultar o portal A túa Europa, onde poderanse coñecer todos os dereitos que se teñen como cidadán da Unión Europea.
O Día de Europa, é un dos símbolos da Unión Europea, xunto co euro, a bandeira e o himno, polo que se celebran actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión Europea.
En Lugo, os actos de conmemoración son na Praza Maior de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Por unha banda, instalarase un punto de información onde os que se acheguen poderán coñecer os aspectos máis relevantes da Unión Europea. Todos os asistentes recibirán un pack con material divulgativo da UE, folletos, globos, etc.
Por outra, celebraranse talleres de animación e dinamización dedicados especialmente a nenos de 5 a 12 anos (gymkhana cultural, bandeiras de Europa, puzzle no chan das bandeiras dos países integrantes da UE, taller "Debuxa Europa", taller "Eurochapas", Xogos colectivos...)
O acto institucional será ás 12 e rematarase co izado de bandeira e a interpretación do himno europeo.
Infórmate sobre a UE e atopa recursos para aprender ludicamente nestes enlaces:
1 comentario:
Moitas grazas por lembrarnos este día
Publicar un comentario