17/5/11

17 de maio, día das Letras Galegas


---"Que a vida non me sorprenda xamais
desprevenido, calado e neutral
e que un segundo antes de renderme
vaia tamén comigo a imaxe do que fun

--------------------------------------- cando era outro.”
Lois Pereiro, do poema Alerta e vixiante





Manuel Rivas dixo que cada un dos poemas
de Lois Pereiro "era como compoñer un espello,
abrirse paso no azougue, cada poema del
era unha fiestra, un escaparate, unha luminaria
que nos abría outra visión da realidade".

Dixo tamén que "a poesía é a voz da cuarta persoa
do singular. A ponte entre o singular e o plural,
sen deixar de ser singular. Así era Lois
como persoa,
e así era a súa poesía. Por iso soa
tan diferente
e tan próxima a un tempo,
tan estraña e tan familiar,
tan solitaria e tan solidaria".


1 comentario:

Sun dijo...

Os poetas poñen por escrito, e de que maneira!,os pensamentos, desexos e ilusións de moitos de nós.