---Neste impasse literario
(pasado xa o Día do Libro, e aínda por chegar o
das Letras Galegas), vou... e regálovos un conto!
(pasado xa o Día do Libro, e aínda por chegar o
das Letras Galegas), vou... e regálovos un conto!
----Titúlase “Pensamentos no soto”, e di así:
---------A pelota atravesou a fiestra rota e caeu
no corredor do soto. Unha das nenas, a filla de catorce anos dos conserxes, baixou bambeando a buscala. Á pobre o tranvía cortoulle a perna por baixo do xeonllo, e sentíase feliz cando podía recoller pelotas para os demais.
------No soto reinaba a penumbra, pero de todas formas chamoulle a atención algo que se movía no recuncho.
----—Minino! —dixo a rapariga de perna de pau da conserxería—.E ti que fas aquí, gatiño?
----Alzou a pelota e, como puido, apresurouse a levala.
----A vella, sucia e noxenta rata —foi a ela a quen confundiron cun gatiño— sorprendeuse. Así non lle falara nunca ninguén.
----Ata agora só a odiaron, lanzáronlle pedazos de carbón ou fuxiron aterrados ante a súa presenza.
----Por primeira vez ocorréuselle pensar o diferente que tería sido todo se, por exemplo, nacera gato.
----É máis —porque así de insaciables somos!—, continuou tecendo as súas fantasías. E se nacese para ser a rapariga de perna de pau da conserxería?
----Pero iso xa sería demasiado fermoso. Non llo puido nin imaxinar.
István Örkény
Contos dun minuto
Contos dun minuto
----Ah!!... É que os contos non serven soamente para durmir aos pequenos, senón tamén para manter espertos aos maiores.
3 comentarios:
canto se pode dicir con tan poucas palabras e canto sentimento transmitir nelas!
Grazas por regalarnos e achegarnos este conto que di tanto nun minuto e que quizáis era nese intre xusto o que necesitabamos...
Moitas grazas, Pilar, as túas colaboracións sempre son marabillosas.
Publicar un comentario