Hai uns meses, acordamos co noso profesor de Tecnoloxía, Gerardo, facer o Camiño a Santiago de Compostela. Todo o mundo nos dicía que estabamos tolos, que como se nos ocorría facelo en dous días e cunha kilometraxe tan elevada.
Pero chegou o día, eran as nove menos cuarto da mañá dun día anubrado (14 de maio de 2011). Quedamos os camiñantes, na fachada norte da catedral, selamos a credencial e puxémonos a camiñar, non podiamos parar, o noso obxectivo atopábase a un kilómetro de Arzúa (Ribadiso), e tiñamos que chegar fose como fose. Fixemos unha parada a media mañá para comprar o avituallamento (aprox. 30 minutos), seguimos camiñando e camiñando ata que ás dúas e cuarto paramos para comer (aprox. unha hora). Continuamos camiñando ata que despois de outra parada máis chegamos a Melide (57 km en escasas oito horas). Pero chegados ata aí, non podiamos parar (ese fora o reto da outra vez), tiñamos que chegar 5 quilómetros máis alá. Chegar, chegamo,s aínda que non todos.
O 15 de Maio era o día previsto para chegar a Santiago de Compostela. Despois dunha noite axitada no albergue, estabamos preparados para iniciar a nosa camiñata cara Santiago. Eran as 8:45 e estabamos dispostos a subir todas aquelas impoñentes costas para chegar a Santiago. As nosas únicas paradas foron para comer, en Arca e no Monte do Gozo para asearnos un pouco.
O noso reto foi conseguido con creces por practicamente "todos", chegando a Santiago ás 19:15.
AVENTUREIR@S:
- Gerardo Baamonde.O noso reto foi conseguido con creces por practicamente "todos", chegando a Santiago ás 19:15.
AVENTUREIR@S:
- Lenin Espín.
- David Graña.
- Diego Graña.
- Marco Gugliandolo.
- Jonathan Lópes.
- Marta Salgado.
KILOMETRAXE:
- Primeiro día, 14 de maio, LUGO - ARZÚA (aproximadamente 60 km).
- Segundo día, 15 de maio, ARZÚA - SANTIAGO DE COMPOSTELA (aproximadamente 45 km).
3 comentarios:
Só quen se arrisque a ir demasiado lonxe, poderá saber qué tan lonxe poderá chegar.
Noraboa. Sodes todXs uns valentes!!
Noraboa polo obxectivo e simplemente por intentalo
GRACIAS por todo vuestro apoyo. Otra vez será...
Publicar un comentario