5/11/10

Participación nas actividades en prol do Cooperativismo

Este ano volvemos participar nas actividades organizadas polo Concello. O alumnado de 3º e 4º de  ESO da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras acudiu ás Xornadas de Cooperativismo no CEI- nodus o 19 de outubro, o de 2º de bacharelato de Economía da Empresa disfrutou o día 22 dunha visita didáctica moi interesante a Coren (a fábrica de pensos de Outeiro de Rei) e @s alumn@s de Economía de 1º de bacharelato coñeceron o día 26 o Centro de Divulgación do Queixo e o Mel de Arzúa e a cooperativa Erica mel.
Por último, esta mesma semana houbo unha pequena degustación de produtos das cooperativas.
Quedamos satisfeitos da experiencia e agradecemos a todas as persoas que nos atenderon a súa amabilidade. Sabedes que algúns foron alumnos do centro? A eles especialmente van as nosas grazas.


 

2 comentarios:

MARTA SALGADO dijo...

Pola parte que "me" toca, moitas grazas a vós!

Beatriz dijo...

A visita a Coren foi estupenda e aprendimos moito. Gustaríame que transmitiras as miñas grazas.
E tamén agradézoche a ti a participación neste blog, tanto nos comentarios como na elaboración de post.
Moitos bicos