2/12/09

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou, xunto a representantes das 21 asociacións de persoas con discapacidade que colaboraron na organización, o programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra hoxe en todo o mundo.

Esta serie de actividades están destinadas a chamar a atención sobre a necesidade de garantir a consecución dos dereitos cidadáns en igualdade superando as barreiras mentais, ademais de concienciar dos obstáculos que atopan as persoas con discapacidade no mercado laboral, e difundir os esforzos destinados a superalas que levan a cabo os gobernos e as asociacións. Nesta ocasión fase especial fincapé na situación de desamparo que poden sufrir as persoas con discapacidade nunha situación económica como a que se está vivindo.
O programa de actividades Diversiarte desenvólvese entre os días 2 e 4 de decembro. Os actos arrincaron hoxe, coa inauguración do Mercadillo Solidario que se instalou no fondo da Praza Maior, que permanecerá aberto tamén os días 3 e 4 de decembro, entre as 11:30 e as 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:30 horas pola tarde. No mercadillo venderanse obxectos que realizan os membros destas asociacións, que representan a colectivos con distintas discapacidades, e que están normalmente á venda. Poderanse comprar postais e todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de Nadal. Cada asociación terá ademais o seu propio posto, no que ofrecerá información sobre o seu traballo.

O cartel anunciador destas xornadas foi elaborado por Down Lugo. O autor gañador, elaborou a súa obra co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade. Os traballos presentados a este concurso de deseño gráfico serán expostos ata o 4 de decembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Máis información das actividades na páxina do Concello de Lugo, preme AQUÍ
Información da ONU e da Organización Mudial das Persoas con Discapacidad premendo nos enlaces.
Tras unha charla que houbo recentemente no instituto dunha voluntaria de COGAMI, algúns alumn@s escribiron artigos moi interesantes que poden lerse na páxina web do instituto.

1 comentario:

Ana Eiras dijo...

Nesta sociedade moderna na que vivimos,ainda hai quen non mira con bos ollos a aquelas persoas que teñen algunha discapacidade,e cren que non son capaces de facer os mesmos traballos que calquera de nós.
Co obxectivo de que non queden illados a de integralos activamente na sociedade actual,
o Concello de Lugo,pois elaborou un programa de actividades por mor da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade fixado para o 3 de Decembro.Nas diversas actividades participaran varias asociacións que informaron aos cidadáns da súa labor.