16/12/09

Busca do Tesouro en Lugo no Nadal



Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade lucense que se celebra dende hai 7 edicións, organizada polo Concello de Lugo, desenvolverase os próximos 28 e 29 de decembro. O obxectivo é que os rapaces e rapazas se divirtan ao tempo que coñecen mellor a cidade e afondan na súa historia.
Nesta edición da Busca do Tesouro haberá dúas categorías de participantes: a Categoría A, que vai dende os 14 ata os 17 anos, e a Categoría B de 18 a 30 anos.
Os participantes estarán divididos en equipos integrados por 3 persoas, que teñen que superar o reto de descifrar diferentes pistas ata descubrir un tesouro agochado nalgún lugar da cidade.
As preguntas ás que deben respostar os equipos, poden ser consultadas nas bibliotecas públicas, empregando tanto libros coma internet. O rastrexo deberá realizarse camiñando, e todas as persoas integrantes do equipo terán que acudir xuntas ás pistas para que se lles facilite a seguinte.
Os gañadores do concurso recibirán os seguintes premios:
- Categoría A: de 14 a 17 anos
Primeiro premio: Ordenador portátil. Segundo premio: Cámara dixital. Terceiro premio: Mp4.
- Categoría B: de 18 a 30 anos
Primeiro premio: Viaxe a Tenerife. Segundo premio: Cámara dixital. Terceiro premio: Mp4.

O prazo de inscrición para participar remata o 18 de decembro ás 19:00 horas.
Para máis información pinchade AQUí

No hay comentarios: