1/12/09

BASES DO CONCURSO MATEMÁTICAS NA MÚSICA

A Biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo ás seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2009/2010.
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
I)A canción grabada en CD, DVD ou indicando o enlace de internet a goear.com, youtube, etc.
II)Letra da canción en versión orixinal e traducida, se é o caso, a galego ou castelán.
III)O material que figura nos dous puntos anteriores introducirase nun sobre grande no que deberá figurar fóra o seudónimo do participante e o curso no que está (non o grupo). Dentro deste sobre grande ademáis introducirase outro sobre máis pequeno cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo) e entregarase en secretaría.
3- O prazo de admisión pecharase o 30 de xaneiro de 2010.
4- O xurado estará composto polos profesores: Mª Beatriz López Soto, Mª Teresa Vázquez Cadavide e Manuel Veiga Díaz. O fallo será inapelable e emitirase o 15 de febreiro. O xurado pode declarar o premio deserto.
5- A canción gañadora publicarase no blog da biblioteca e todas as participantes na páxina do Departamento de Matemáticas.

PREMIO: Pendrive de 16 GB

No hay comentarios: