12/6/09

O camiño da auga percorre este sábado as rúas e muralla de Lugo


Si, xa sei que é algo tarde, pero soubemos agora desta actividade por unha das integrantes da ONG... graciñas por informarnos.

Implicadas/os no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia, e mañá leva o problema do abastecemento de auga en Etiopía, e en toda África, ás nosas rúas e á nosa muralla. Será unha mañá de reinvindicación, sensibilización e tamén... diversión!
Resumo do programa:
11.00 h. Chegada das autoridades públicas convidadas e recibimento no adro da catedral.
11.30 h. Comeza o carrexo das mesmas garrafas que utilizan as mulleres etíopes, cheas de auga, que irán pasando de persoa a persoa por quendas, xa que se animará ao público presente a unirse ao camiño da auga. O percorrido será o seguinte: Porta de Santiago >> A Mosqueira >> Campo Castelo >> Rúa de San Pedro >> Rúa Xoán Montes >> Rúa da Raíña >> Praza Maior. (Coa participación de persoas importantes e implicadas)
12.00 h. Comezan as actividades de animación de rúa na Praza Maior organizadas polas asociacións ATEIBO e María Castaña: xogos, obradoiro de globoflexia, distribución de folletos, etc.
13.00 h. Chegada do Camiño á Praza Maior e lectura do manifesto.

Implicadas agarda contar con todas e todos nesta xornada tan importante. Participa!
Máis información en http://www.augaparaetiopia.org/ e tamén no blog http://www.implicadas.blogspot.com/

No hay comentarios: