31/8/10

31 de agosto: o día dos blogs


Xa é o quinto ano que se celebra esta data como un xeito de estender o coñecemento de distintos blogs de todo o mundo. A elección da data ten que ver coa similitude gráfica da palabra Blog e a data 3108, que se pode apreciar mellor se a escribimos como na imaxe.
Para lograr o obxectivo de estender o coñecemento blogueiro, a organización propón que cada blog faga unha anotación recomendando cinco blogs doutros países ou áreas de interese... e esta é a nosa proposta, por orde alfabética:

espaciodelainnovacion: os autores deste blog están entusiasmados coa creatividade, a innovación e as novas tecnoloxías.
estrolabio: blog cultural con un bon número de colaboradores e dunha temática variada.
placasridiculas: blog humorístico brasileiro que ofrece fotografías de sinais xocosos.
quequedequenoconte: xa sei que os organizadores propoñen blogs doutros países ou doutras áreas de interese, e que este blog é galego e realizado por docentes, mais ás veces teño a impresión de que o mundo rural galego queda tan afastado de nós como Papúa Nova Guinea, daí que recomende este blog que pretende tecer redes de ideas na defensa e testemuña do mundo rural galego.
silentowl: desde un punto de vista amplo, este blog ten que ver co folklore irlandés. Nel podemos atopar historias e lendas relacionadas coa illa.

Agardo que estes blogs vos gusten ou que vos leven a outros lugares do voso interese.

5 comentarios:

Armesto dijo...

Non coñecía a existencia deste día, e grazas a esta entrada, ao mellor podo engadirme á iniciativa! E grazas tamén por poñer o blog de QQQOC, que non sabía que tiñan e interesábame!

Ata dentro de 3 semanas, Manuel!

Anónimo dijo...

Grazas por a información,sempre útil e interesante.

Luis Moreira dijo...

Grazas, cá estamos:http://estrolabio.blogspot.com/2010/08/professores-quem-indemniza-os-nao.html

E se fizessemos uma parceria entre blogues irmãos?

O sorriso da muralla e o estrolabio a trocar de textos e leitores?

Manuel dijo...

Parece boa idea. Estamos abertos a calquer iniciativa.

SilentOwl dijo...

Gracias por recomendar mi blog. Es muy amable. Espero que encuentre mi intersting de blog.