25/5/10

Vas quedar sin ela?



Este curso acadamos xa o número 18 da nosa revista, podemos dicir que é realmente especial, ten artigos moi interesantes de variados temas, desde actividades no centro, visitas didácticas, entrevistas, experiencias enriquecedoras... ata preciosas historias, poemas ou pasatempos. Interviron gran número de colaboradores (de feito bateu o record de persoas implicadas) que con gran ilusión levan todo o curso traballando e esforzándose por presentar temas actuais, de aquí e de acolá, buscando protagonistas que conten algún pequeno retrinco das súas vivencias ou mergullándose en todo tipo de experiencias persoais. A tod@s eles grazas e noraboa polo que nos transmiten e aportan a través deste novo número da revista.
O resto, o que podemos facer e aproveitar e... mercala!

1 comentario:

Armesto dijo...

Por fin! todo o curso agardando, xa falta moi pouco! Non comentarei pola portada, que despois hai queixas.