3/5/10

3 de maio, o noso primeiro aniversario



Hoxe hai un ano que este blog botou a andar. Felizmente, nestas datas estanse a realizar moitas actividades organizadas desde a biblioteca: exposición da historia do libro e da escritura, club de lectura, concursos de matemáticas, relatos e poesía, mellora do punto de lectura...

Ás veces pensamos que cando decidimos poñer en marcha o blog non sabiamos onde nos metiamos... ou si. Desde logo é un traballo ao que lle hai que botar moitas ganas, tempo, continuidade, paciencia... e que sempre é mellorable: aínda hai moito que aprender. Afortunadamente, houbo xente que, coma nós, viu nel un gran potencial e se entusiasmou aportando moitas ideas e, como non, traballo.

Non sabemos como agradecérllelo a tod@s. Aos que día a día, ou de cando en vez, veñen poñer o seu graniño de area, que en moitas ocasións aderezan con sorrisos, palabras alentadoras sobre o traballo da biblioteca... a todos eles grazas inmensas.



8 comentarios:

Beatriz dijo...

Grazas en especial a Manuel e Teresa, convosco ao fin do mundo.

Marta Salgado dijo...

Felicidades por esa gran idea,que fue hacer un blog de nuestra biblioteca!Gracias

Anónimo dijo...

Moitas grazas, polas noticias, polos concursos, pola poesía e, sobre todo, pola ilusión con que está todo feito

Teresa dijo...

Para min foi un gran pracer asomarme a está ventá durante este ano. Grazas a todos os que nos ledes

Armesto dijo...

Grazas por este blog, no que adoita haber cousas moi interesantes, Pero sobre todo, Felicidades!

Loly dijo...

Parabéns e que sigades medrando tan ben como ata agora.
Apertas blogueiras dende Fene

Silvia Couto Rodríguez dijo...

Este é o primeiro aniversario pero celebraremos máis porque é un traballo en equipo no que cada un aporta o seu gran de area e deixa a súa pegada.
É un blog de noticias innovadoras que nos invita a que perticipemos todos.

Begoña dijo...

japi verdei tuuu yuuu, japi verdei tuuu yuuu, japi verdei japi verdei, JAPI VERDEI TUUUU YUUUUUUU.

Norabóa, estades de aniversario o mesmo día que o blogfesquío, que casualidade.
Que sigades con tanta ilusión moitos anos.

Un bico desde Neda.

Bye