15/9/09

ACTÍVATE... HAI TANTO PARA FACER!


O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA PARTIDAS DE XADREZ CO INICIO DO NOVO CURSO
A Concellería de Educación organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso, e con motivo do inicio do novo curso, unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura. A actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior entre o día 14 e o 18 de setembro e do 28 de setembro ao 2 de outubro desde as 17:30 ata as 20:00 horas. Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.
Tamén nos centros de convivencia municipais HAI UNHA GRAN CANTIDADE DE ACTIVIDADES : obradoiros de manualidades, inglés, baile moderno, xadrez, pintura, ioga... O prazo para inscribirse é do 14 ao 18 de setembro e adxudicaranse por sorteo, teñen prezos moi atractivos e mesmo en algúns casos son de balde.
Na CASA DAS LINGUAS, na Estrada da Granxa (Aceña de Olga) hai biblioteca, hemeroteca, videoteca, ordenadores con conexión a internet, e un espazo para ver películas de video, é un lugar destinado á práctica dos idiomas: coloquios con monitores nativos, consultas a bases de datos, proxeccións de películas e demais actividades que lles permitan incrementar a formación no idioma impartido.
E por último, o prazo de inscrición nas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS estará aberto do 17 ao 30 de setembro. En total son 15 as modalidades deportivas que se desenvolverán entre o mes de outubro e o mes de maio.
¡Así é difícil aburrirse!
Máis información na páxina web do Concello, pincha AQUÍ!

No hay comentarios: