14/2/11

MULLERES NOBEL: Unha visión non sexista da ciencia

Do 14 de febreiro ao 1 de marzo está instalada no vestíbulo do instituto unha exposición dedicada a mulleres premio Nobel en Física, Química e Fisioloxía e Medicina.
Hai un panel dedicado a cada unha delas, no que podemos ver unha reseña da súa vida persoal e científica, as súas investigacións e achegas, así como as implicacións sociais e científicas dos seus logros.
Esta exposición formou parte da Semana da Ciencia 2010 en Santiago de Compostela. Agora móstrase no noso instituto grazas á amabilidade e xenerosidade de Pilar Arias e Monstserrat Nogueira, profesoras que desenvolven o seu traballo no Centro de Investigacións Biolóxicas da USC.
Moitísimas grazas a ambas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

é unha honra que tamén haxa mulleres premiadas, pero o gran premiado é o ser humano, a ciencia, a natureza, e non sempre se consegue individualmente.Moitos home gañaron premios, pero neles foron axudados polas mulleres, a fin e o cabo, o importante é seguir progresando.

Ronsel dijo...

Hai algún xeito de conseguir esta exposición? Grazas

Anónimo dijo...

a exposición é moi interesante, fun vela dúas veces e, a verdade, é un pracer ver o éxito das mulleres no mundo da ciencia.