No ano 2001 a Comisión Europea e o Consello de Europa lanzaron conxuntamente a iniciativa do Ano Europeo das Linguas, que se celebrou aquel ano, pero a súa pegada renóvase cada ano co Día Europeo das Linguas, que ten lugar o día 26 de setembro.
Os obxectivos do Día Europeo das Linguas, son os seguintes: subliñar a importancia de aprender linguas, incrementar o coñecemento e a conciencia do valor que teñen as linguas e motivar a aprendizaxe continua das linguas ao longo de toda a vida. Trátase así, ao fin e ao cabo, de celebrar a diversidade lingüística e cultural en Europa.
O Concello de Lugo tamén celebra este día organizando unha xornada de portas abertas na Casa das Linguas o vindeiro luns 27 de setembro, con diferentes actividades en francés e inglés adaptadas a todas as idades: proxección de debuxos animados en inglés para os pequenos xunto con actividades lúdicas, unha obra de teatro ás 18.30, cine para o público novo e para rematar, proxeccións de diferentes documentais sobre Europa en inglés, francés e español.
Para máis información preme AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario