E o soño fíxose realidade ... Somos campións do mundo! España gañou un lugar no panteón do fútbol, grazas ao gol de Iniesta na segunda metade do prolongamento (0-1) da final do mundial de Sudáfrica ante unha Holanda que repartiu faltas para dar e tomar, malia a pésima arbitraxe de Howard Webb. Tivemos que sufrir, pero valeu a pena e o soño deixou de ser tal, para convertirse en realidade. Parabéns campións!!!
Nunca o esqueceremos. España é campioa do mundial na final máis dramática que se lembra. O gol de Iniesta, no segundo período do tempo extra, fixo xustiza cun equipo inesquecible e consagra a un xogador que é o paradigma da humildade, o máis afastado dunha estrela do fútbol pero coas virtudes dun fenómeno. Aínda non se sabe de onde sacou o pálido Iniesta esas décimas de segundo para baixar as pulsacións e rematar coa dereita o balón máis importante da historia do fútbol español.
No hay comentarios:
Publicar un comentario