22/1/10

III Concurso de fotografía Leite Celta



Voz Natura e Leite Celta convocan a terceira edición do seu concurso de fotografía ambiental co obxectivo de pór en valor o importante patrimonio natural de Galicia.
Os traballos que se presenten deben recoller os diversos ecosistemas presentes en Galicia desde un punto de vista creativo, orixinal e interesante. Estes serán precisamente os factores que o xurado do certame terá en conta á hora de fallar os premios.

O concurso estrutúrase en dúas modalidades:
-Infantil: para nenos ata 12 anos.
-Xuvenil: de 13 a 18 anos.

O sistema de participación é moi sinxelo: unha vez realizada a fotografía, a imaxe insérese directamente na maqueta oficial do concurso, cóbrense os campos solicitados e envíase ao correo electrónico do programa (voznatura@lavoz.es). Se non se ten cámara dixital, tamén se pode imprimir a maqueta, pegar a imaxe no lugar reservado para iso e enviala por correo postal a Voz Natura. O prazo de presentación de traballos finaliza o próximo 15 de abril.

En cada categoría entregaranse tres premios:
-1º premio: cámara de fotos dixital de 12 mega píxeles (con zoom óptico, trípode e funda)
-2º premio: consola sobremesa Wii de Nintendo.
-3º premio: bicicleta de montaña de alumnio lixeiro de 24 velocidades e casco de seguridade.

Os gañadores recibirán os seus galardóns no transcurso da festa fin de curso de Voz Natura, que se celebrará o próximo mes de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo- A Coruña).

Consulta as bases do certame, descarga a maqueta oficial e descobre as fotografías gañadoras o curso pasado AQUÍ

No hay comentarios: