Neste ano Europeo da Creatividade e a Innovación, o mundo da ciencia e a innovación desexa achegarse a ti con motivo da Semana da Ciencia, o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía que se celebra en España.
O Ministerio de Ciencia e Innovación, consciente da necesidade de crear unha contorna social máis proclive á ciencia e a innovación, apoia e coordina a nivel estatal, a travès da FECYT, as actividades que se organizan en todo o territorio español.
Este ano, ademais, unímonos ás dúas conmemoracións científicas do 2009, o Ano Internacional da Astronomía e o Ano Darwin. A astronomía e a teoría da evolución convértense nas protagonistas desta edición; disciplinas científicas que nos permitiron coñecer aspectos crave da nosa existencia, grazas ás ideas revolucionarias de científicos como Galileo Galilei e Charles Darwin.
Uns días ao ano dedicados á ciencia:
Semana da Ciencia, a ciencia ao alcance da túa man.
En Lugo tes a oportunidade de participar en INITIA, que é un programa de iniciación dos estudantes na actividade investigadora realizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os participantes pasan a ser un membro máis do equipo de investigación traballando nun proxecto e tutorados por profesores e investigadores nas distintas disciplinas do Campus de Lugo, ciencias experimentais, ciencias sociais e humanidades. O programa ofrece unha oportunidade aos estudantes que demostran bos resultados académicos e capacidade de superación. Deste xeito coñecen o proceso de investigación científica, aprendendo técnicas, métodos e conceptos así como manexo de equipos.
- Páxina web: http://www.xente.mundo-r.com/science/sigma/initia.html
- Data inicio: 01/11/2009 Data fin: 30/11/2009 Horas: 16h a 20h
- Tipo de actividade: Xornadas de portas abertas e visitas guiadas
- Tema da actividade: Divulgación científica e tecnolóxica
- Dirixida a: Estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
No hay comentarios:
Publicar un comentario